Incendio nun asteleiro de Pontevedra

Os servizos de emerxencia sufocaron un incendio declarado na nave industrial dun estaleiro situado en Pontevedra, na parroquia de Lourizán. Este suceso obrigou a activación do nivel 1 do Plan Territorial de Protección Civil de Galicia e non se rexistraron danos persoais.

Imaxes de Diario de Pontevedra

O 112 Galicia tivo constancia do incendio a medianoite a través da chamada de varios particulares que comezaron a percibir as lapas e explosións desde diversos puntos da localidade.

Axiña, desde o 112 Galicia activouse un operativo formado polos Bombeiros de Pontevedra, polos axentes Garda Civil, pola Policía Nacional e Local e polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por si –nalgún momento- fose precisa a súa intervención. Ademais, solicitouse a colaboración no dispositivo dos Bombeiros de Vigo, do Morrazo, do Baixo Miño, do Ribadumia e do Salnés e dos membros de Protección Civil de Pontevedra, de Poio e de Cambados.

Tamén, os servizos de Gardacostas de Galicia, que ven de activar o Plan Camgal en fase de alerta para evitar que procedentes da zona de extinción saian a mar aberto, e de Salvamento Marítimo, tras ser informados polo 112 Galicia, apoiaron as tarefas de extinción desde o mar, mobilizando os buques de salvamento SAR Gavia e Irmáns García Nodal. De igual xeito, o persoal do Concello e do Servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia tamén foron informados da situación.

O Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias participou durante toda a noite nas tarefas de extinción. Un camión gran nodriza do GALI apoiou aos servizos de emerxencia alí desprazados no subministrou de auga, un total ata esta intre, de 150.000 litros de auga foron os empregados por parte do GALI. Neste sentido, o persoal de extinción de Medio Rural sumouse ao dispositivo con dúas nodrizas de apoio.

O lume afectou a unha nave de 2.000 metros cadrados e a tres barcos que se atopaban no interior das instalacións do estaleiro está controlado e polo momento, descoñécense as causas que orixinaron o lume.

Arde un alpendre


Os servizos de emerxencia desprazáronse na pasada tarde para sufocar un incendio declarado no interior dun alpendre situado no lugar Moi, en Dozón.

Nada máis recibir a chamada de alerta, na cal os Bombeiros do Deza comunicaban ao 112 Galicia do suceso, os xestores de emerxencias alertaron ao persoal sanitario, aínda que, finalmente, non foi precisa a súa intervención, aos axentes da Garda Civil e aos membros do GES de Lalín.

Segundo confirmaron os efectivos del servicio de extinción, ás 23:00 horas, ao 112 Galicia, o incendio calcinou por completo un alpendre e a herba seca que se almacenaban no seu interior.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar