A Deputación de Ourense coopera con proxectos de promoción e infraestruturas

Reunión da Xunta de Goberno. Asisiten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Armando Ojea Bouzo (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Cesar Fernández Gil (Deputado PPOU); José Mosquera e Juan Marquina (ViceSecretario Deputación Ourense)

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou un total de 279.447 euros para cooperar con proxectos de promoción e infraestruturas. En concreto, na reunión aprobouse unha axuda de 60.000 euros para o Clúster da Pizarra de Galicia para un proxecto de divulgación e promoción desta entidade.

No apartado de Cooperación cos concellos da provincia, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda de 119.000 euros para o Concello de Celanova destinada ao saneamento e abastecemento en Madrás, mentres que para o Concello de Oímbra aprobou unha axuda de 52.448 euros para a renovación da iluminación na Casa dos Montes. Por último, na xuntanza aprobáronse dúas axudas para o Concello e Nogueira de Ramuín: unha delas por importe de 30.000 euros para os traballos de desmontaxe, consolidación e reforzo do edificio en Santo Estevo, e a outra axuda de 17.999 euros estará destinada ao acondicionamento de aseos e obras de mellora para a accesibilidade ao embarcadoiro de Santo Estevo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar