Unha estudante alerta ao 112 da indisposición do condutor do autobús

Unha estudante do IES Monterroso alertou note a tarde ao 112 ao comprobar que o condutor do autobús que os estaba a levar a casa sufría unha indisposición.

A chamada da rapaza permitiu activar un dispositivo para a atención do doente que, finalmente, foi trasladado en ambulancia ao Hospital Lucus Augusti de Lugo para recibir tratamento.

Unha rapaza que viaxaba xunto con outros catro mozos de volta a casa, marcaba o número único de emerxencias 112 para solicitar asistencia ante a indisposición que estaba a sufrir o condutor do autobús que os trasladaba. Debido ao estado do condutor, o vehículo saíuse da vía, pero ningún dos ocupantes resultou ferido.

Nada máis ter coñecemento da situación, os xestores de emerxencias do 112 Galicia informaban aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaban o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Ademais, comunicábase o suceso aos axentes de Tráfico, a Policía Nacional e aos membros do GES de Monterroso.

Finalmente, os servizos sanitarios confirmaron que os rapaces atopábanse en perfecto estado, mentres que o condutor foi traslado en ambulancia ao Hospital Lucus Augusti de Lugo para recibir tratamento.

Condutor indisposto en Mos


Ademais, moi preto das sete desta tarde, un home sufriu unha indisposición cando circulaba co seu vehículo, o que provocou que se saíse da vía. Sucedeu na glorieta de saída da A-55, no concello pontevedrés de Mos.

Foi a esa hora, cando unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia do sucedido nese lugar. Decontado, informouse aos servizos sanitarios de urxencia, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local.

Os Bombeiros do Porriño e os efectivos de Protección Civil da localidade tamén foron informados do suceso a través dos xestores de emerxencias.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar