Dinamizar o mercado e renovar o parque móbil, principais obxectivos do 11º Salón do Automóbil Novo de Ourense

Expourense convértese esta fin de semana na capital do Automóbil de Galicia coa celebración da 11º Salón do Automóbil Novo que xa abríu as súas portas presentando unha ampla oferta composta por case 300 vehículos de 23 marcas de todas as gamas, modelos e prezos que suponen o 95% das marcas que operan no mercado español. As 16 empresas participantes fan unha forte aposta neste salón ampliando as opcións á hora de elixir un coche, xa que a meirande parte deles ofrecen importantes descontos especiais de feira que poden chegar ata os 10.000 euros. Nesta cita participan como expositores os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O. Ata o domingo celébrase o Salón do Vehículo Novo, e dende o 25 ó 27 de outubro celebrarase o de Ocasión.

Esta 10º Salón do Vehículo Novo foi inaugurado polo vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, e o presidente de A.C.A.U.T.O., Ramón Seijas, que estiveron acompañados por distintas autoridades e empresarios de Ourense, unha provincia na que o sector do motor é un dos principais pulos económicos. Un dos obxectivos desta edición está sendo, en palabras do presidente de ACAUTO, Ramón Seijas, “corrixir á tendencia á baixa do mercado do automóbil no último ano, que descendeu un 12% con respecto ao ano anterior. Esta cita contribuirá sen dúbida a dinamizar o mercado e isto conleva ademáis a renovación do parque móbil da provincia gañando así en seguridade e reducindo as emisións. O problema non está no diesel, está na antigüidade dos vehículos que circulan polas nosas estradas”.

Para conseguir este obxectivo e acadar a cifra de máis de 400 vehículos vendidos da edición anteiror, os expositores chegan ata o salón con calidade, cantidade, variedade e prezos especiais en feira, ademais de ofrecer un valor engadido á compra como 7 anos de garantía nalgúns casos. A todas estas vantaxes hai que engadir a posibilidade de ganar o bono desconto de 6.000 euros que se sorteará entre todos aqueles que merquen un coche no salón.

Esta cita está a servir para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2020. En total, estanse a presentar 33 modelos novos, algúns deles pudieron verse hoxe en exclusiva por primeira vez en España como o BMW X6 que non se comercializará ata dentro dun mes.

Este salón presenta todo tipo de vehículos de todas as marcas. gamas e modelos cun abano moi variado de prezos que van dende os 8.990 euros dun Fiat Panda ata os máis de 168.000 euros dun Porsche Panamera. Tamén se poden atopar modelos híbridos e eléctricos. Compre destacar que moitas das marcas contan con vehículos no exterior para que o público os poida probar.

Esta cita conta co apoio da Deputación Provincial de Ourense e de ABANCA, que reafirma un ano máis o seu apoio e que está presente cun stand no salón para informar sobre as distintas liñas de financiamento das que dispoñen. Este ano repítese tamén a colaboración con Cáritas Ourense, presentes cun stand informativo, e que recibirán ao rematar estas citas unha cantidade de 15 euros por cada vehículo vendido que será achegada entre Expourense e ACAUTO. Colaboran tamén cos Stop Accidentes.

O horario do 11º Salón do Automóbil será de 11.00 a 20.00 horas. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos entrada gratuíta). Hai servizo de ludoteca infantil.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar