Ourense:Pérez Jácome pide manter a protección de víctimas da violencia machista

A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) esixe ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, manter o sistema de protección ás vítimas de violencia machista (Sistema Viogen).
Desde o COTSG afirman que, malia que Jácome aludiu ter tomado esta determinación asesorado por unha técnica da policía local, estamos ante “unha decisión política”. “O que deben de saber as e os ourensáns”, din desde o traballo social, “é que o goberno da súa cidade deixará de colaborar na protección das persoas que sofren violencia machista”.

A Xunta de Goberno advirte a Jácome que o Sistema Viogen é “indispensable para establecer unha rede que permita o seguimento e protección de xeito rápido, integral e efectivo das mulleres maltratadas e persoas a cargo”.

Do mesmo xeito, o Colexio pide a Jácome que non “afonde no desmantelamento” da área de Igualdade do Concello porque “estamos a falar de que hai vidas de familias en xogo” e que “ante unha sociedade que non deixa de demandar maiores taxas de igualdade as entidades públicas non poden mirar para outro lado”. O equipo de goberno conclúe que o Concello de Ourense debe “promover a igualdade de xénero e os dereitos das mulleres porque é un compromiso imprescindible para dar resposta a unha lacra que asasina galegas cada ano”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar