Chuvia persistente e fortes ventos en Galicia

Unha nova fronte atravesará Galicia durante o día de hoxe, luns, deixando ceos cubertos con chuvias de carácter máis persistentes pola mañá, xa máis intermitentes durante a tarde, sen descartar que sexan acompañadas de aparato eléctrico.

En canto aos ventos de onte, foron superiores aos 100 quilómetros por hora. No observatorio de Penedo do Galo, en Viveiro (Lugo), os refachos alcanzaron os 109,8 quilómetros por hora. O temporal deixou tamén valores bastante altos en municipios costeiros ou próximos ao litoral como Lousame (A Coruña), con ventos de 107,2 quilómetros por hora; Oia (Pontevedra), con 104 quilómetros por hora; ou Vimianzo (A Coruña), con 100,2 quilómetros por hora.

As temperaturas sufrirán entre un lixeiro a moderado descenso. Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos en xeral, sendo fortes no tercio norte.

Unha fronte activa asociada a unha borrasca localizada en Irlanda xa tiña previsto atravesar Galicia durante a xornada do domingo. Deste xeito agardamos un día de ceos cubertos e chuvias persistentes e intensidade moderada como estaba previsto.

As temperaturas mínimas experimentaron un lixeiro ascenso, pola contra, as máximas sufrirán un descenso entre moderado e notable. Os ventos soprarán de compoñente sur, con algún refacho forte a primeiras horas, pero tendendo a amainar coa chegada das precipitacións.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar