A Deputación de Ourense celebrou «Barreiros, Motor humano»

Para completar a homenaxe que se lle fai por parte do festival con motivo do centenario do seu nacemento ao emprendedor ourensán Eduardo Barreiros, a 24ª edición do Ourense Film Festival (OUFF 2019) programou unha gala que incluiu a proxección do documental «Barreiros, Motor humano».

Con este acto, que estivo presidido polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a presidenta da Fundación Eduardo Barreiros, Mariluz Barreiros; e os directores técnico e artístico do OUFF 2019, Aurelio Gómez Villar e Miguel Anxo Fernández, o festival recoñeceu o labor que desempeñan diversas entidades a prol da figura deste insigne ourensán coa entrega dunha placa conmemorativa ao Club Barreirista de Galicia, ao Club Dodge España e á Fundación Eduardo Barreiros.

A figura de Eduardo Barreiros

O próximo 24 de outubro conmemorase o centenario do nacemento deste recoñecido empresario e emprendedor ourensán (Gundiás, 1919). Na súa honra, ademais, o festival outorgou un galardón á mellor ópera prima española estreada entre setembro de 2018 e setembro de 2019. O certame pretende recoñecer así o emprendemento e os riscos que conleva a realización dunha primeira longametraxe. «Viaje al cuarto de una madre» de Celia Rico foi a elixida na primeira edición dun premio que nace coa vocación de continuar no tempo.

Partindo dun pequeno taller en Ourense, Eduardo Barreiros, iniciou un gran complexo industrial empresarial que contribuíu decisivamente á motorización de España. O emprendedor ourensán é coñecido pola transformación patentada de motores de gasolina a diésel e pola posterior fabricación de camións e vehículos industriais. A súa figura serve de inspiración para a incorporar no OUFF 2019 un novo recoñecemento dentro do sector audiovisual

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar