Telecinco presenta «Desaparecidos», no Ourense Film Festival

O Ourense Film Festival (OUFF) acolleu a resentación de «Desaparecidos. La serie», unha das apostas de ficción de Telecinco para a próxima tempada. Juan Echanove e Michelle Calvó encabezan o equipo artístico desta serie policíaca que aborda un drama que afecta cada ano a miles de familias que se enfrontan ao pesadelo de non saber que foi dun ser próximo. O acto, celebrado no Teatro Principal da capital ourensá, contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do conselleiro delegado de Mediaset España, Paolo Vasile, e do director xeral de Contidos de Telecinco, Manuel Villanueva, así como cos actores protagonistas da serie.

Producida pola cadea en colaboración con Plano a Plano, «Desaparecidos. La serie» traslada aos telespectadores a Brigada Central de Investigación de Delitos contra as Persoas, onde os tenaces efectivos do Grupo 2 loitan por esclarecer os casos de persoas que un día desaparecen sen deixar rastro.

Maxi Iglesias, Elvira Mínguez, Chani Martín e Amando Ríos completan o elenco deste drama procedemental, que, por outra banda, concluíu a rodaxe este verán.

A inspectora Sonia Ledesma (Michelle Calvó) incorpórase ao Grupo 2 de Desaparecidos, unha unidade dirixida polo inspector xefe Santiago Abad (Juan Echanove) que se encarga de investigar e resolver casos de persoas desaparecidas. Afectada ela mesma polo drama da desaparición do seu marido Mikel, atopará nos seus compañeiros Rodrigo Medina (Maxi Iglesias), Sebastián Cano (Chani Martín) e Azhar García (Amanda Ríos) a unha nova familia.

Xunto a eles e co lema ‘Nós seguimos buscando’, tratará de esclarecer os casos máis dispares, todos eles protagonizados por persoas que un día tragouse a terra. Para logralo, contan coa colaboración de ‘Axuda Desaparecidos’, unha ONG dirixida por Carmen Fuentes (Elvira Mínguez), o seu fillo desapareceu tamén anos atrás. No ámbito persoal, Sonia terá que enfrontarse á presión exercida pola familia do seu marido, que insiste en pasar páxina e declararlle oficialmente morto.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar