Segunda volta e primarias

En Galiza as eleccións do 10-N son especiais. Non só son unha segunda volta das realizadas en maio, senón que serán unhas primarias das eleccións autonómicas galegas que están a caer: Feixó terá como máximo dez meses para convocar comicios.

Pero pode facelo antes. No ano 2016, no que tamén existiu repetición de eleccións xerais, Feixó decidiu que en tres meses se celebrarían as eleccións galegas.

Os resultados dirán agora se estira o prazo até o límite da lexislatura ou o adianta. E, mesmo, se se presenta como candidato ou non.

As alianzas nos comicios xerais tamén marcarán a outras formacións políticas e influirán cara as autonómicas.

Semella que esta vez, sen importarlles o trato que receban, Anova vai supeditarse a Podemos e IU, aínda que non queiran andar remexendo nas listas. Así se desprende dun seu comunicado: «É hora dunha fronte popular, non de intereses partidarios, senón de xenerosidade».

En Marea, terá que elixir as presas o seu camiño. Moitos pensan que presentándose sós lastran as posibilidades cara as autonómicas. Todo vai depender da decisión que tome Íñijo Errejón. Se esta formación se presenta irán coligados e marcará o seu futuro.

Existe tamén unha corrente interna que aposta pola ladaíña da «unidade do nacionalismo».

O BNG esta vez si vai ter unha segunda oportunidade. As enquisas sitúan a súa intención de voto a par de Unidas Podemos, polo que volve estar preto e con moitas posibilidades de volver ao Congreso. Polo menos estas eleccións non lle interfiren nas galegas, senón que as potencian.

E aínda que sexa unha votación tras doutra, votar é tan serio como necesario.

Xornalista

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar