A Fundación Araguaney-Puente de Culturas inicia a próxima semana en Santiago o ciclo de cine “Son de Amal»

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas pon en marcha “Son de Amal”, un ciclo organizado en colaboración coa Deputación da Coruña. Comezará o vindeiro luns-23, e continuará con outras tres proxeccións os luns 30, 7 e 14 de outubro que se poderán ver no Salón Olivo do hotel Eurostars Araguaney de Santiago ás 20:30 horas. O público poderá desfrutar, con entrada de balde, de dous longametraxes de ficción e dous documentais que teñen como protagonistas da súa trama á música.

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas celebra o ciclo como preámbulo da Semana de Cine Euroárabe AMAL 2019, da que proximamente se darán a coñecer os detalles da súa programación. Ademais, este ciclo “Son de Amal” xoga coa dualidade do idioma galego no título, facendo alusión co Son ás ondas sonoras e tamén a forma verbal do ser.

Luns-23 de setembro. 20:30 horas

Sheikh Jackson”. Longometraxe de ficción. Amr Salama / Exipto / 2017/ 93 minutos

“Sheikh Jackson” é unha película de ficción de 2017 de produción exipcia. A longametraxe conta como a repentina morta de Michael Jackson fai que un antigo devoto do Rei do Pop -agora un mozo imán- caia en picado. Pero, que ten un imán en común co Rei do Pop? É el “El Jeque”, Jackson ou ambos? O islamista ten unha crise de fe cando escoita as noticias da morte do seu ídolo da infancia. Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=lLHShLzqkr0

Amr Salama é un brillante escritor e director exipcio que dirixiu e escribiu catro longametraxes, incluíndo “On a Day like Today” (2008), “Asmaa” (2011), que recibiu máis de 20 premios internacionais, “Excuse My French” (2014) que recibiu máis de 15 premios, entre eles o equivalente dos Óscar en Exipto.

Luns-30 de setembro. 20:30 horas

Improvisation: Samir et ses frères”. Documental. Raed Andoni / Palestina e Francia / 2005/ 59 minutos

“Improvisation: Samir et ses frères” (Improvisación: Samir e os seus irmáns) é un documental dirixida polo palestino Raed Andoni. Este documental narra os inicios do Trío Joubran, un grupo de música tradicional palestina formado en 2004 polos irmáns Joubran, palestinos con nacionalidade israelí que viven entre Ramala e Nazaret. Nesta película vese, a parte das dificultades típicas dun grupo de música (problemas nos ensaios, discusións…), os inconvenientes propios do apartheid israelí, como a falta de liberdade de movementos, os checkpoints e os rexistros aleatorios.

Raed Andoni naceu en Palestina en 1967. Comezou a súa carreira no cine como produtor independente en 1998. Foi co fundador de Dar Films e produciu varias películas palestinas: “Improvisation” (2005), a súa primeira longametraxe, e “Fix Me” (2009), que se proxectou no Festival de Cine de Sundance e no Festival de Cannes.

Luns-7 de outubro. 20:30 horas

Cairo Jazzman”. Documental. Atef Ben Bouzid / Alemaña e Exipto / 2017/ 82 minutos

Fermoso documental político musical de produción alemá, “Cairo Jazzman”, dirixida en 2017 por Atef Ben Bouzid. A trama conta como o apaixonado Amr Salah, un compositor e músico de jazz exipcio, intenta organizar o Cairo Jazz Festival. Será unha empresa arriscada, non só pola súa limitada experiencia, senón tamén polo clima social cada vez máis intolerante. O filme convértese nun retrato atmosférico da capital exipcia. Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=jEJuhNu2GIs

Atef Ben Bouzid é un director e produtor alemán que comezou a súa carreira como xornalista de Euronews, AFP e ARD. Vive e traballa en Berlín. “Cairo Jazzman” é o seu debut como director.

Luns-14 de outubro. 20:30 horas

Apenas abro los ojos”. Longametraxe de ficción. Leyla Bouzid / Túnez / 2015/ 102 minutos

O filme “Apenas abro los ojos”, rodado en Túnez en 2015 e ambientado uns anos antes da Primavera Árabe, narra a historia de Farah, unha moza de 18 anos que acaba de terminar o instituto e se ve forzada a elixir entre seguir os seus instintos (tocar nun grupo, estudar musicoloxía e saír a coñecer xente) ou amoldarse ao que a súa familia e a sociedade quere (que estude medicina, que abandone a música e que sexa unha muller ‘decente’).

A cinta, opera prima da cineasta tunecina Layla Boucid, foi proxectada no Festival Amal 2016 e logrou o recoñecemento de numerosos festivais, entre eles o de Venecia. Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=N9DQroiSgl8&feature=youtu.be

Leyla Bouzid é guionista e directora de cine, nacida en Túnez en 1984 e filla do director. Nouri Bouzid. Despois do bacharelato, mudouse a París para estudar literatura na Sorbona. Tras facer a súa primeira curtametraxe, “Bonjour” (Sbah el khir el), completou os seus estudos en La Fémis.1 A súa curtametraxe “Twitching” foi a súa película de graduación para La Fémis, rodada en Túnez. En 2012, proxectouse nun concurso no Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand, onde tivo unha boa acollida. Tamén gañou o Gran Premio do Xurado de películas para estudantes no Festival Premiers Plans d’Angers.

En 2013 produciu “Zakaria”, e en 2015, a película “As I Open My Eyes” (“Apenas abro los ojos”), que foi seleccionada en varios festivais. Foi galardoada, incluíndo premios no Festival de Cine de Venecia, o Festival de Cine de Cartago, Festival Internacional de Xóvenes Cineastas de San Juan de Luz, Festival Internacional de Cine Francófono de Namur, ou no Festival Internacional de Cine de Dubai.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar