Cambio de frecuencias da TDT para a TVG

O mércores, 18 de setembro, comenza na provincia de Lugo o cambio de frecuencias da televisión dixital terrestre (TDT) en Galicia que afectan á resintonización da Televisión de Galicia. Este proceso iniciarase o día 18 para os municipios de provincia lucense agás, nesta primeira fase, as comarcas de Terra de Lemos e Chantada, que se incorporarán a seguinte semana. Ourense e Pontevedra farán o cambio a partir de xaneiro de 2020 e a provincia da Coruña non se ve afectada nesta primeira fase.

O cambio non é inmediato e haberá un prazo de seis meses para esta adaptación ao chamado Segundo Dividendo Dixital, proceso que desprazará en todo o país as canles de televisión e radio situadas onde están agora para permitir o despregamento das futuras redes 5G de comunicacións. Este proceso require a modificación das instalacións de recepción de TV en toda España e desde esta semana estenderase paulatinamente por Galicia. Neste prazo de seis meses, as canles de televisión emitirán simultaneamente a través das novas frecuencias e das antigas, durante medio ano, e despois apagaranse as frecuencias vellas.

O que é preciso cambiar son as instalacións comunitarias, non as das vivendas individuais, e isto ten que ser feito por un instalador autorizado. Non hai que facer cambios na antena colectiva nin nos cables do edificio: os cambios son na central programable ou nos amplificadores monocanles, dependendo do sistema de cada edificio.

No proceso de resintonización, lémbrase que as dúas canles de CRTVG están xa en alta definición, o que se distingue porque levan estas letras, HD, ao lado do logo na pantalla.

Axudas do Goberno central para afrontar o custo

Para facilitar o proceso e minimizar o seu impacto, o Goberno de España dispón de 145 millóns de euros, que xestionará a empresa pública Red.es, para axudar a compensar o custo da adaptación en cada edificio. As solicitudes poden presentarse ata o 30 de setembro de 2020, unha vez feita a adaptación das instalacións de recepción do sinal de TDT. As axudas oscilan entre os 104 e 677 euros, en función dos casos, e será necesario presentar a factura e o boletín de instalación, xa que só se xestionarán axudas para as actuacións feitas por empresas instaladoras do Rexistro de Instaladores de Telecomunicacións da Secretaría de Estado para o Avance Dixital (SEAD).

Máis información: www.televisiondigital.es – Teléfonos: 901 201 004 y 910 889 879

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar