Trasladada unha persoa despois de que o coche se incendiara na AP-9 en Vigo

Unha das cinco persoas que viaxaban nun turismo precisou ser trasladada a un centro hospitalario despois de que o vehículo ardese por completo esta tarde na AP-9, ao seu paso por Vigo.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume pasou ao monte e foi necesaria a intervención dos servizos de emerxencias para evitar que se estendese.

Os feitos tiveron lugar no punto quilométrico 163,800 da autoestrada, ao fío das 15:20 horas.

Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do ocorrido. A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros do Porriño e de Vigo, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, de Protección Civil de Mos, do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais e do servizo de mantemento da vía.

Xa no lugar do incendio, os servizos de emerxencia atallaron o lume.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar