“A Barraca Camiño a Compostela” de Títeres Cachirulo chega a Santiago

Títeres Cachirulo chegará a Compostela completando así o seu itinerario polo Camiño Francés. Dende Pedrafita do Cebreiro a Santiago, A Barraca pasou tamén por Melide, Paradela, Portomarín, Triacastela, Palas de rei, Samos, Monterroso, O Pino, Sarria e Arzúa facendo as ledicias de maiores e pequenos co espectáculo “Camiño de aventuras” con máis de 30 personaxes históricos e fantásticos do Camiño de Santiago.

Ao remate da función haberá un taller de construción de bonecos para un grupo máximo de 25 nenas e nenos, que se terán que inscribir no mesmo lugar da función antes do comezo da mesma.

As representacións de “A Barraca Camiño a Compostela” pechan así o seu ciclo pero aínda quedan exposicións que se poden visitar no Centro Socio Cultural Luis Seoane de O Pino e proximamente tamén en Arzúa e Sarria.

A Barraca ademais presentará o documental “A Barraca polo Camiño”, que se exhibirá na Fundación SGAE, xunto cunha exposición que reunirá todos os materiais desta ruta, en Santiago de Compostela, do 1 de Outubro ao 31 de Decembro de 2019.

Máis información:

Títeres Cachirulo

www.titerescachirulo.com 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar