A Deputación de Ourense demanda do Goberno central o financiamiento autonómico e local

 A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada unha proposta da Presidencia na que insta ao Goberno do Estado a  cumprir as súas obrigas en materia de financiamento autonómico e local. No acordo solicítase ao Goberno. A Xunta de Goberno da institución provincial pide ao Goberno do Estado que remate co bloqueo de recursos financeiros de concellos e deputacións; e a que explique por que non ten cumprido as súas obrigas legais e de base constitucional, así como que informe a que importe ascenden os recursos pendentes de librar polo Ministerio de Facenda a cada un dos concellos da provincia de Ourense.

No acordo, a Xunta de Goberno insta ao Goberno do Estado a instrumentar, de maneira inmediata, un crédito non retribuído coas Comunidades Autónomas cuxa devolución se compensará coas entregas a conta que o Goberno ten pendente liberar, e a que adoite as medidas que sexan necesarias para que as Comunidades Autónomas reciban, o antes posible, os anticipos a conta que lles corresponden, tal e como obriga o artigo 11 da LOFCA; e solicita ao Goberno que remate co bloqueo de recursos financeiros de concellos e deputacións, pedindo que se avalíe o impacto destes impagos, e ínstao a compensar os 2.496 millóns de euros de desfase do IVE que se xeraron trala implantación do Sistema Inmediato de Información (SII).

Tamén insta ao Goberno a que se convoque urxentemente o Consello de Política Fiscal e Financeira para, entre outros temas, buscar unha solución definitiva que impida o bloqueo das entregas a conta das CCAA por parte do executivo; e a que dea a coñecer o impacto ocasionado nas entidades locais da provincia de Ourense e as solucións que vai adoitar o executivo para resolver este problema de financiamento.

No acordo aprobado pola Xunta de Goberno tamén se solicita ao Goberno do Estado que explique cales son as razóns polas cales, a data de hoxe, non ten cumprido as súas obrigas legais e de base constitucional, para transferir a actualización dos recursos derivados da Participación en Ingresos do Estado e do resto de recursos financeiros que corresponden ás Entidades Locais da provincia de Ourense; e demanda coñecer cando e de que modo vai cubrir o Goberno o esforzo orzamentario que están facendo as Entidades Locais para atender o incremento das retribucións dos empregados públicos das Entidades Locais previsto no Real Decreto Lei 24/2018, de 21 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público na provincia de Ourense.

Finalmente, instar ao Goberno a que informe a que importe ascenden os recursos pendentes de librar polo Ministerio de Facenda a cada un dos concellos da provincia de Ourense.

Axudas a entidades e concellos

Por outra banda, na reunión de hoxe, a Xunta de Goberno aprobou diversas axudas a entidades e concellos da provincia para temas en materia de Cultura, Deporte, Infraestruturas, Gastronomía, Viticultura e Benestar. En concreto, no apartado de cooperación cos concellos da provincia, na xuntanza aprobouse unha axuda de 30.000 euros para a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e outra de 20.000 euros para a Mancomunidade Terra de Celanova, ambas para gastos de funcionamento das entidades correspondentes ao ano 2019. O Concello de Oímbra recibirá unha axuda de 75.511 euros para a praza en Bousés, mentres que para o Concello de Xinzo de Limia aprobouse unha axuda de 47.956 euros destinada á Fosa de Pidre.

Continuando en materia de cooperación cos concellos, a Xunta de Goberno aprobou catro modificacións do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2019. A primeira delas refírese ao concello da Teixeira que substitúe a obra inicialmente prevista, pola obra “renovación do equipo de bombeo do embalse do Mao á ETAP de A Veiga”. A Entidade Local Menor de Berán substitúe a obra prevista, pola obra “acondicionamento do acceso ao balneario vello e acondicionamento do camiño cemiterio-O Calvario”. Pola súa parte, o Concello de Rairiz de Veiga substitúe a obra inicial pola obra “construción de beirarrúas na Saínza”, mentres que, o Concello de Esgos incorpora ao plan principal a obra “acondicionamento e mellora na OU-0509, p.q.9+940 a 10+600”.

No relativo á cooperación con entidades, na xuntanza aprobou dúas axudas de 20.000 euros cada unha, para a Asociación Cultural Rutas do Viño do Ribeiro e para a Asociación Ruta do Viño de Valdeorras. Así mesmo, aprobouse unha axuda de 41.500 euros para o Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro, para o diagnóstico socioeconómico e o Plan estratéxico.

A Xunta de Goberno aprobou tamén unha axuda para a Asociación Cultural Santa Mariña, por importe de 3.000 euros, para o vestiario da Coral, e para a Asociación Cultural Os Xuncos, aprobou unha axuda de 10.000 euros para a renovación de instrumentos musicais. Para a Fundación Curros Enríquez aprobouse unha axuda que ascende aos 70.000 euros para o videoxogo Arnoia e, no apartado gastronómico, aprobouse unha axuda de 30.000 euros para a Asociación Amigos da Cociña Galega para actividades e funcionamento da entidade do 2019. A Universidade de Santiago de Compostela, pola súa parte, recibirá unha axuda de 5.000 euros para o Proxecto Estalmat-Galicia correspondente ao exercicio 2019.

Así mesmo, na reunión aprobouse unha axuda de 25.000 euros para a Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Verín, para os gastos de funcionamento da entidade correspondentes ao ano 2019. Neste mesmo sentido, aprobouse unha axuda de 30.000 euros para a Asociación de Padres a favor de las Personas con Retraso Mental de Ourense ASPANAS, para a adquisición dunha furgoneta.

Por último, no apartado de Deportes, aprobouse unha axuda de 15.000 euros para o Club Deportivo Velle para as Escolas Deportivas. Ademais aprobouse a resolución definitiva do concurso para a concesión de axudas a entidades deportivas e entidades sen ánimo de lucro para a organización de eventos deportivos 2018, do primeiro período. A Deputación de Ourense destina, a través deste concurso, un orzamento total de 49.627 euros en axudas a preto de 50 proxectos deportivos.

Saúdos,

Comunicación

Deputación Provincial de Ourense

Tel: 988 317 609 – 988 317 500 

image001

_ ADVERTENCIA LEGAL _     http://dpouv2.depourense.es/index.php/aviso-confidencialidad-correo

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar