Un parapentista quedou prendido dunha árbore no Ferrol

Os servizos de emerxencia traballaron no rescate dunha persoa que quedou prendida nunha árbore mentres practicaba parapente entre a praia de Doniños e Cabo Prioriño, no concello de Ferrol.

O suceso tivo lugar ás 17:45 horas: a esa hora, unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia para informar do acontecido. No seu relato informaba dun parapentista que quedara nunha árbore.

Con estes datos, os xestores de emerxencias alertaron puxeron os feitos en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ferrol e da Garda Civil. Do mesmo xeito, informouse da situación ao persoal do Aeroporto da Coruña e ao Servizo Aéreo de Rescate.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar