En Marea demanda unha oficina de atención as vítimas do franquismo

Representantes de En Marea participan nos actos organizados en homenaxe á figura de Alexandre Bóveda, cuxo asasinato na Caeira, o 17 de agosto de 1936 estableceu na súa honra esta data como o “Día da Galiza Mártir”.

En Marea reclama o fin da impunidade do franquismo, asegurando que ao Partido Socialista faltoulle valentía para aplicar plenamente a Lei de Memoria Histórica e ao Partido Popular fáltalle vontade política, porque se senten herdeiros dos que espoliaron os bens que eran do pobo.

En nome do exercicio da memoria democrática de toda Galicia, dende En Marea lembran que a formación xa instou ao Goberno do estado a crear unha oficina de atención ás vítimas do franquismo. Dende En Marea instan ao goberno a localizar e exhumar a todas as persoas que nestes momentos están enterradas en fosas e cunetas, dándolles unha sepultura digna. Demandan tamén, dende a formación, a anulación de todos os procesos e xuízos franquistas de carácter político, comezando polo de Alexandre Bóveda e a seguir, todos os demais, ao entender que levaron a condenas que foron simples farsas e á recuperación de todo o patrimonio espoliado no franquismo, como o Pazo de Meirás e tantos outros.

Dende En Marea tamén aproveitaron a xornada para lembrar a necesidade de iniciar as investigacións pertinentes para a identificación dos bebés roubados durante o franquismo e que poidan recuperar o contacto coas súas familias naturais.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar