Baltar reúnese coa delegada territorial da Xunta en Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, para repasar as actuacións e proxectos que se están a desenvolver conxuntamente entre ambas administracións.

Na xuntanza analizaron o futuro de Ourense, dos catro anos de mandato local ao fronte da Deputación de Ourense por parte de Manuel Baltar, quen manifestou ao goberno autonómico a vontade de que a institución provincial continúe a ser “a mellor aliada dos concellos da provincia”. A reunión desenvolveuse nun “ambiente de máxima cooperación pensando sempre nos intereses xerais de Ourense”, dixo Manuel Baltar.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar