Corre, Ana, que chove

O BNG anda lanzado. Que a súa dirección, na cabeceira da manifestación do Día da Patria, realizase o percorrido da Alameda até a Quintana na metade menos de tempo que calquera outro ano, non só é a evidencia dun cambio de xeración, senón tamén a metáfora dun cambio de mentalidade que se puido apreciar nos discursos da Quintana. Penso que quen mellor resumiu este «novo BNG» foi o retrouso do hip-hop de Hugo e Darío: «non viñemos para resistir, viñemos para vencer».

Si, un novo BNG, «cunha nova xeración á fronte», que deixa atrás non só o resistencialismo, a militancia desde o pesimismo dunha Galiza maltratada, aldraxada, colonizada, senón que olla cara o futuro, porque, como se escoitou tamén na Quintana, «os xoves de hoxe non somos o futuro, somos o presente».

Esa nova xeración, non só asentada na dirección do seu Consello Nacional, senón tamén nos concellos e nas comarcas, nas que collen peso como nunca o fixeran antes as persoas de Galiza Nova, ten unha vontade política clara: «liderar Galiza».

Son conscientes de que só desde un cambio profundo de mentalidade, desde unha nova aposta, o BNG acadará un «novo impulso».

E, para comezar, nada mellor que anuncialo, explici-talo. Por iso son importantes estas frases pronunciadas antonte por Ana Pontón: «Algo novo está nacendo», como cando o BNG anunciou o Proxecto Común ao comezo da década dos oitenta. Co- mo daquelas, agora Ana Pontón afirma: «Comezamos unha nova etapa».

Unha nova etapa «sen autolimitarnos, pois cando non nos autolimitamos, temos uns resultados espectaculares», afirmou a voceira nacional. Por iso o «novo BNG» terá que estar marcado por unha característica: a súa apertu- ra á sociedade, mesmo aos que non se declaran nacionalistas. Un BNG con vontade maioritaria.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar