A retransmision dos fogos de Apóstolo fixo a TVG líder de audiencia

A programación especial da TVG tanto no día 24 coma no 25 de xullo permitiulle ser líder do prime time e a canle escollida polos galegos para entreterse e informarse nestes días. A retransmisión en directo dos Fogos do Apóstolo desde a praza do Obradoiro foi o programa máis visto do prime time, tanto en Galicia como entre as canles autonómicas, cunha cota de pantalla do 17,3 %. Coa emisión dos fogos a Televisión de Galicia fíxose, ademais, co minuto de ouro da xornada, pois ás 23:58h chegou a unha cota do 28,2 %. Na páxina web, a retransmisión dos Fogos do Apóstolo acadou 41.756 usuarios únicos, un 18% máis que o ano anterior.

Así foi a noite de entrada ao Día de Galicia…

Ese mesmo día, a Galega contou con outro programa que, xunto coa retransmisión dos fogos, foi o máis visto da xornada, o Telexornal Mediodía, cunha cota de pantalla do 19,5%.

O día 25 de xullo a TVG volveu ser líder no prime time en Galicia coa gala especial do Día de Galicia, en que actuaron artistas como Rosa Cedrón, Luar na Lubre, Cristina Pato ou Baiuca. A gala, presentada por Xosé Ramón Gayoso, Lucía Rodríguez, Fran Cañotas e Alba Mancebo, contou cunha audiencia total de 323.000 espectadores e superou polo menos en 43.000 contactos o seguinte programa máis visto.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar