A andaina de Armaríz, o 3 de agosto

 Un ano máis a tradicional andaina de Armariz será unha proba deportiva de referencia e tamén de solidariedade, dedicada este ano a axudar á Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica de Ourense (AFFOU), colectivo ao que irá destinada a metade da recadación deste evento.

Será o sábado 3 de agosto, ás 9.30 horas, no souto de San Ramón, e segundo os organizadores agárdase que preto de 200 deportistas se dean cita nesta proba atlética, coa que colabora a Deputación de Ourense, “que une deporte, solidariedade e concienciación social”, destacou o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, na presentación, hoxe, no Pazo Provincial, desta andaina que chega á súa 11ª edición.

Xunto a Rosendo Fernández participaron na presentación os concelleiros de Nogueira de Ramuín Raúl Soto e Álex Arias; a presidenta da Asociación de Fibromialxia, Marina Añel, e o presidente da asociación de veciños San Ramón de Armariz, David González. A andaina terá un percorrido de 12 quilómetros e discorrerá por soutos centenarios e carballeiras e cruzará o río Loña, un evento ao cal o concelleiro Raúl Soto convida a participar e agradece a implicación e labor da asociación de veciños para a organización desta proba. O custe da inscrición é de 5 euros, e pode realizarse nos locais da AVV de Armariz, na Oficina de Turismo en Luíntra, na sede AFFOU, ou a través dos teléfonos 666 147 477 ou 620 620 783.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar