O galeguismo útil do PPdeG na defensa da autonomía e garantía dun futuro próspero, afirma Feijóo

O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, salientou os máis de trinta anos de “galeguismo útil, cordial e construtivo” que leva exercendo o PPdeG para defender e ampliar a autonomía, saír da crise e garantir un futuro próspero.

Por iso e coa mirada posta xa na próxima década, Feijóo avogou por actualizar o galeguismo para que o PPdeG siga entendendo e resolvendo mellor que ninguén as inquedanzas dos veciños: “Os debates -continuou- sobre a Galicia que foi e a que é deben deixar paso á Galicia que debe ser”. Neste punto, asegurou que só este partido lle pode ofrecer aos galegos un proxecto de futuro claro e en positivo, xa que o avala a experiencia e motívao a forza da mocidade.

“Cando a maioría dos españois non saben o que vai pasar no seu país e está pendente dos bandazos de Pedro Sánchez e Pablo Iglesias e das ocorrencias de Albert Rivera, os galegos e debemos poñer as luces longas para a Galicia da próxima década”, indicou Feijóo, que incidiu en que o PPdeG está a deseñar a ruta cara unha Galicia familiar, verde, innovadora e moza. Nesta mesma liña, referiuse ao Xacobeo 2021, que cualificou como o “gran escaparate” da nosa comunidade.

UN DÍA PARA REFLEXIONAR

No acto conmemorativo polo Día de Galicia que o PPdeG celebrou en Lalín e no que se evocou a figura de Xosé Neira Vilas e de ‘Memorias dun neno labrego’, Feijóo avogou por non reducir este día ao que fomos, senón por aproveitalo para “reflexionar o que queremos ser”.

Así, dixo que a nosa Comunidade está obxectivamente chea de razóns para mirar cara adiante con ilusión e optimismo e puxo en valor a Galicia actual: unha terra próspera, que recibe millóns de visitantes, que goza de estabilidade política “nunha España confundida” e que conta cun Estado do Benestar potente.

“O futuro non está escrito nas columnas de opinión, nas tertulias televisivas nin no CIS de Tezanos”, afondou Feijóo, que subliñou que serán os galegos os que escriban as próximas páxinas da historia de Galicia. Neste senso, recalcou que non existen fórmulas máxicas para gañarse a súa confianza, senón que se acada traballando a pé de rúa, escoitando con humildade e cun proxecto realista e ilusionante. “Quen se acomoda perde, quen está a carón da xente pode gañar”, apuntou Feijóo, quen apostou por seguir mirando ao espello de Galicia e da súa xente para serlles útiles.

O GALEGUISMO, PATRIMONIO DE TODOS

s, ao tempo que fixo fincapé en que é a mellor ferramenta para construír o futuro.

Porque, segundo o líder do PPdeG, o galeguismo non son reproches nin intentos por dividir, nin pedir máis que os demais nin tampouco pasar por menos nin abrazarse a unha Galicia pequena; senón que consiste en non permitir que a esta se lle dea menos do que lle corresponde, avanzar cara a unha comunidade aberta e ensanchar os límites da galeguidade.

Así, remarcou que o PPdeG reivindica sen complexos o galeguismo e incidiu no orgullo de ser galegos, españois e europeos. Algo que, tal e como sostivo, indigna tanto aos que non toleran que sexamos españois como aos que non comprenden que nos sintamos galegos. Mentres os dous extremos erran cando consideran que as identidades son excluíntes, para Feijóo, “o galeguismo acerta cando afirma que a nosa identidade é máis rica, porque é plural”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar