O Colexio de Psicoloxía condena o asasinato machista cometido en Vilalba

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresa a súa máis rotunda condena ao asasinato machista cometido en Vilalba (Lugo), ao tempo que desexa trasladar a súa solidariedade e as súas condolencias á familia e ás persoas achegadas da vítima.Colexio reitérase o total rexeitamento a calquera tipo de violencia psicolóxica, física ou sexual contra a muller. Toda a cidadanía, pero moi especialmente os seus responsables políticos, debe traballar para poñer fin a esta dramática lacra social e, neste sentido, é imprescindible que se apliquen políticas de apoio e de protección integral ás vítimas da violencia machista.

Desde o colexio piden que se poña o foco nas medidas de carácter preventivo e de intervención psicolóxica, especialmente nas idades máis temperás, para erradicar estereotipos machistas e desigualdades que sustentan a violencia contra a muller.

A prevención é o mecanismo real para poñer fin á violencia contra as mulleres e así desterrar condutas que permanecen na sociedade e que perpetúan o maltrato á muller.  Sen unha aposta decidida pola prevención será inevitable que sigan lamentando sucesos tan tráxicos como o asasinato cometido en Vilalba.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar