A Deputación de Ourense aproba os acordos de organización e de grupos políticos para o mandato 2019-2023

A Deputación de Ourense celebrou sesión plenaria extraordinaria no Pazo Provincial na que se adoitaron os acordos ditados en materia de organización da corporación provincial e se deu conta da constitución dos grupos e das resolucións da Presidencia en materia organizativa.

Na sesión tratáronse temas relativos ao réxime de sesións do pleno e da xunta de goberno; á creación das comisións informativas; a designación de cargos e representantes da Deputación noutros organismos, e a modificación da RPT en materia de persoal eventual. Tamén se deu conta da constitución dos grupos políticos e da designación dos seus portavoces, e das resolucións da Presidencia relativas a nomeamento dos membros da xunta de goberno, vicepresidentes e delegacións e deputados provinciais.

Como xa lembrara, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, afirma que o máis importante é que a institución provincial conte con «débeda cero», «froito da boa xestión económica, eliminando o 116 % de endebedamento e acadando os maiores remanentes de tesourería da historia da Deputación. Un logro do grupo de goberno no pasado mandato que permite afrontar esta aposta e este «investimento» na política e nos políticos, para que os grupos fagan política da boa».

A totalidade dos acordos plenarios aprobados hoxe son os seguintes:

RÉXIME DE SESIÓNS DO PLENO

Acordo:

Que as sesións ordinarias do Pleno desta Corporación teñan lugar, en primeira convocatoria, o último venres de cada mes, ás 10:00 horas, no Pazo Provincial. Se coincide en festivo ou a sesión non tivese lugar por calquera outra causa, a supletoria tería lugar o luns seguinte, ou primeiro día hábil posterior, -se este fose inhábil-, á mesma hora. O Pleno poderá modificar a data das sesións ordinarias, tralo informe da xunta de portavoces.

RÉXIME DE SESIÓNS DA XUNTA DE GOBERNO

Acordo:

Establecer que as sesións ordinarias da Xunta de Goberno se realicen con periodicidade semanal. Corresponderalle á Presidencia fixar, mediante decreto, o día e hora en que deban realizarse as sesións ordinarias.

CREACIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS PERMANENTES

Acordo:

– Crear as comisións informativas permanentes que se indican a continuación:

1.- Transparencia e Administración Provincial

2.- Especial de Contas, Facenda e Economía

3.- Cooperación, Infraestruturas e Medio Rural

4.- Reto Demográfico, Igualdade, Benestar e Emprego

5.- Termalismo, Turismo e Medio Ambiente

6.- Cultura, Deportes e Mocidade

Cada comisión estará integrada por cinco (5) representantes do Grupo Popular, tres (3) representantes do Grupo Socialista, un (1) de Democracia Orensana, un (1) representante do BNG e unha (1) de Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía. Será presidente nato de todas elas o presidente da Deputación, sen prexuízo da posibilidade da delegación da Presidencia, de conformidade co previsto no artigo 125.a) do ROF.

No cómputo dos cinco representantes do Grupo Popular inclúese ao presidente. No suposto en que o presidente delegase a presidencia dunha comisión noutro deputado, designarase un representante do Grupo Popular, co fin de que manteña os cinco representantes que lle corresponden en cada comisión. Os grupos políticos designarán aos seus representantes en cada comisión, e poderán acordar a substitución destes, cando o consideren oportuno, mediante escrito que deberá dirixirse á Presidencia.

As sesións ordinarias das comisións informativas permanentes terán lugar do seguinte

xeito:

– Os mércores (a partir das 17.00 horas) da semana anterior á de realización do Pleno

ordinario mensual:

. Transparencia e Administración Provincial.

. Especial de Contas, Facenda e Economía.

. Cooperación, Infraestruturas e Medio Rural.

– Os xoves (a partir das 17.00 horas) da semana anterior á de realización do Pleno ordinario mensual:

. Reto Demográfico, Igualdade, Benestar e Emprego.

. Termalismo, Turismo e Medio Ambiente.

. Cultura, Deportes e Mocidade

Non obstante o anterior, e por motivos xustificados, a Presidencia poderá modificar os días e hora de realización das comisións, procurando en todo caso que teñan lugar entre o luns e o xoves da semana anterior á da sesión ordinaria do Pleno mensual.

As comisións informativas poderán realizar sesión extraordinaria ou extraordinaria e urxente, conforme coas normas xerais de aplicación.

DESIGNACIÓN DE CARGOS E REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN NOUTROS ORGANISMOS E ENTIDADES

Acordo:

– Designar aos seguintes cargos e representantes da Corporación Provincial nos organismos e entidades que se mencionan:

INORDE:

– Presidente: D. Rosendo Luís Fernández Fernández.

– Un (1) deputado provincial: D. Plácido Álvarez Dobaño.

– Un (1) representante doutras organizacións empresariais diferentes da CEO: D. Santiago Ferreiro Pérez, presidente da Asociación de Construtores de Ourense.

Catro vogais entre persoas con recoñecida actividade empresarial ou profesional:

D. Miguel Caride Domínguez, deputado Provincial.

D. Aurelio Gómez Villar, asesor da Presidencia.

D.ª Margarita Pérez Fernández (suplente: D. Gerardo Seoane Fidalgo).

D. Bernardo Varela López, deputado provincial.

A deputada dona Montserrat Lama Novoa podería asistir como ouvinte sen voz nin voto.

CONSORCIO PROVINCIAL DE OURENSE PARA O SERVIZO CONTRA

INCENDIOS E DE SALVAMENTO:

Titular: D.ª Patricia Lamela Rodríguez, alcaldesa de Larouco.

Suplente: D. Álvaro José Fernández López, deputado provincial e alcalde da Rúa.

Titular: D. Aurentino Alonso Araújo.

Suplente: D.ª Susana Rodríguez Estévez.

Por determinación do artigo 8 dos estatutos do Consorcio, ademais dos dous representantes designados neste acordo, formará parte do Pleno do Consorcio a persoa titular da Presidencia ou deputado/a no/a que delegue.

XUNTA XERAL DE AQUAOURENSE, SOCIEDADE PROVINCIAL DE AUGAS E MEDIO AMBIENTE SA:

– Titular: D. Plácido Álvarez Dobaño.

– Suplente: D. Pablo Pérez Pérez.

COMISIÓN LIQUIDADORA DE URBAOURENSE, SOCIEDADE URBANÍSTICA

PROVINCIAL, SA:

D. Plácido Álvarez Dobaño.

D. Armando Ojea Bouzo.

D.ª Montserrat Lama Novoa.

D. Diego Fernández Nogueira.

– 5 persoas con especial cualificación técnica a proposta da Presidencia:

D.ª M.ª de los Ángeles Cantón Álvarez.

D.ª Marta Docampo González.

D.ª Antonio Carlos Sánchez Moro.

D.ª Eva Reza Paz.

D.ª Begoña Álvarez Matos.

O deputado don Bernardo Varela López poderá asistir de ouvinte sen voz nin voto.

– Secretario da Comisión Liquidadora a proposta da Presidencia:

Titular: D. Francisco Cacharro Gosende.

Suplente: D. Juan Marquina Fuentes.

De conformidade co artigo 15 dos Estatutos de Urbaourense desígnase presidente da Comisión Liquidadora a don Plácido Álvarez Dobaño, e vicepresidente a don Armando Ojea Bouzo.

DELEGACIÓNS DE COMPETENCIA DO PLENO NA XUNTA DE GOBERNO

Acordo:

Delegar na Xunta de Goberno o exercicio das seguintes competencias:

a) O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa da Corporación en materias de competencia plenaria.

b) A declaración de lesividade dos actos administrativos ditados polo presidente ou pola propia Xunta de Goberno.

c) A concertación das operacións de tesourería a que se refire o artigo 33.2.k) da Lei de bases do réxime local.

d) As contratacións, concesións, adquisicións e alleamento de bens e dereitos a que se refire a disposición adicional 2ª, apartados 2 de 9 da Lei de contratos do sector público, sen prexuízo das previstas nos artigos 47.2.j) e m) da Lei de bases do réxime local, que seguirán sendo de competencia do Pleno.

A delegación das competencias en materia de contratación comprende tamén a da aprobación dos proxectos de obras, servizos e subministracións correspondentes, así como a realización de calquera trámite vinculado á contratación de referencia.

e) A fixación dos prezos públicos pola prestación dos servizos de cooperación e asistencia a municipios e outras entidades locais en materia de servizos relacionados co ciclo hidráulico, de conformidade cos criterios establecidos na Ordenanza reguladora dos ditos prezos públicos publicada no Boletín Oficial da Provincia do 18 de xuño de 2009, que abranguerá os aspectos sinalados no artigo 3.3 da dita Ordenanza.

g) A fixación dos prezos públicos correspondentes a publicacións que edite a Deputación Provincial, de conformidade cos criterios establecidos no artigo 14 da Ordenanza provincial reguladora do servizo de publicacións, publicada no Boletín Oficial da Provincia de 19 do novembro de 2013.

i) A fixación dos prezos públicos polos servizos prestados na Escola de Artes e Oficios da Deputación, conforme co establecido no artigo da súa ordenanza reguladora.

j) A fixación dos prezos públicos polos servizos prestados pola Real Banda de Gaitas da Deputación Provincial de Ourense, de conformidade co establecido no artigo 17 da súa Ordenanza reguladora.

k) A fixación dos prezos públicos polos servizos prestados pola Escola Provincial de Gaitas da Deputación Provincial de Ourense, de conformidade co establecido no artigo 30 da súa Ordenanza reguladora.

l) A fixación dos prezos públicos polos servizos prestados pola Escola de Danza da Deputación Provincial de Ourense, de conformidade co establecido no artigo 4 da súa ordenanza reguladora.

ll) A fixación dos prezos públicos polos servizos de actividades culturais, deportivas, educativas e de ocupación do tempo libre promovidas pola Deputación, de conformidade co establecido nos artigos 2 e 3 da ordenanza reguladora destes servizos.

m) A fixación de prezos públicos pola utilización de instalacións e centros culturais da Deputación Provincial de Ourense.

n) A adopción do acordo de necesidade de ocupación nos procedementos ordinarios de expropiación forzosa, a solicitude da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación e a adopción dos acordos de aprobación inicial e definitiva dos procedementos de taxación conxunta.

O exercicio das competencias delegadas comprenderá a facultade de resolver os recursos administrativos contra os actos que se diten no exercicio das ditas delegacións.

En todo caso, a adopción de acordos pola Xunta de Goberno por delegación do Pleno requirirá a emisión previa do ditame preceptivo pola comisión informativa correspondente, salvo nos supostos de urxencia nos que se dará conta do acordo adoptado á comisión informativa na primeira sesión que esta realice.

Quedan revogados os acordos de delegación conferidos á Xunta de Goberno no mandato 2015-2019.

O presente acordo de delegación producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa adopción, sen prexuízo da súa preceptiva publicación no BOP.

MODIFICACIÓN DA BASE 67ª DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO DO EXERCICIO 2019

Acordo:

Dáse nova redacción á base 67ª das bases de execución do orzamento vixente no exercicio 2019, quedando redactada como segue:

Base 67ª:

A) Dietas por asistencia a órganos colexiados:

Sinálanse as seguintes indemnizacións e compensacións para os membros corporativos, de conformidade co disposto no artigo 75 da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, e no artigo 13 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, de 28 de novembro de 1986.

Considerando que non se retribúe, agás nos casos de dedicación exclusiva ou parcial, a actividade ou dedicación dos membros corporativos, necesaria para o desempeño do seu cometido, regúlase o réxime de asistencias na seguinte forma e contía:

a.1) Por cada asistencia a sesión do Pleno: 280,00 euros, cun máximo dunha percepción por mes.

a.2) Por cada asistencia aos órganos colexiados diferentes do Pleno, 140,00 euros.

a.3) Por cada asistencia á reunión previa ás comisións informativas, que celebre cada grupo político, cun máximo dunha percepción ó mes, 140,00 euros.

B) Axudas de custo:

Por asistir a actos de xestión ou representación provincial, aboaranse os gastos xustificados e no seu defecto, conforme a lo exposto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnización por razóns do servizo:

GRUPOS Por aloxamento Por manutención   Dieta Enteira  
Grupo I 92,31 € 48,01 €   140,31 €  
Grupo II 59,38 € 33,66 €   93,04 €  
Grupo III 44,03 € 25,39 €   69,42 €  

c) Subvencións aos grupos políticos na corporación:

1.- Contía e pagamento das subvencións:

De conformidade co artigo 73.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e o artigo 13 do Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Ourense, recóllese a disposición no orzamento anual dunha dotación económica que se destinará aos grupos políticos con representación na corporación provincial. Estas asignacións teñen os seguintes importes: Un compoñente fixo: 900,00 euros mensuais a cada grupo. Un compoñente variable: 900,00 euros mensuais por cada deputado.

As subvencións pagaranse aos grupos mensualmente, en concepto de pago a conta da xustificación total do gasto ao remate do mandato, conforme ao previsto no apartado 5.

Con independencia da subvención prevista neste apartado, os grupos terán dereito ao uso dun local no Pazo Provincial, dotado de mobiliario e enerxía eléctrica. Os restantes gastos de funcionamento, tales como material de oficina e gastos de teléfono e de correspondencia, serán de conta de cada grupo. No caso dos gastos telefónicos e de conexión a internet, de ser estes soportados pola Deputación, deducirase a súa contía nas sucesivas liquidacións mensuais da subvención ao grupo.

2. Destino da subvención aos grupos:

A subvención aos grupos políticos provinciais estará destinada exclusivamente ao financiamento dos seguintes gastos:

a) Gastos de funcionamento do grupo político. Para estes efectos, non se considerarán en ningún caso como gastos subvencionables os seguintes:

– Gastos en comida e bebida

– Remuneracións de persoal de calquera tipo ao servizo da Corporación

– Adquisición de bens que poidan constituír activos fixos de carácter patrimonial.

Para estes efectos, non terán a consideración de gastos en adquisición de activos fixos de carácter patrimonial os sinalados no artigo 108.2 da Lei 37/1992, de 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido.

b) As aportacións realizadas desde os grupos políticos aos partidos políticos para o financiamento dos seus gastos ordinarios de funcionamento.

3. Contabilidade das subvencións:

Cada grupo político provincial deberá levar unha contabilidade específica desta dotación. Os gastos contabilizados deberán ademais soportarse documentalmente cos seus xustificantes (facturas ordinarias ou simplificadas, e recibos nos casos en que legalmente non sexa esixible a factura) así como os extractos dos movementos bancarios correspondentes. Tanto a contabilidade como a relación documental xustificativa deberá ser custodiada polo portavoz do grupo respectivo e posta a disposición do Pleno da Corporación cando este a requira.

4. Xustificación semestral parcial das subvencións:

Sen prexuízo da xustificación final, que se realizará ao remate de cada mandato conforme ao establecido no apartado 5 desta base, os grupos estarán obrigados a presentar unha xustificación semestral nos termos seguintes:

a) O portavoz de cada grupo provincial presentará ante a Intervención Xeral da Deputación Provincial, no mes posterior ao termo de cada semestre natural, unha xustificación dos gastos realizados no período, conforme ao modelo anexo II destas bases (en formato idéntico ou semellante a unha conta de perdas e ganancias da contabilidade levada polo grupo) así como unha copia do extracto bancario no que se reflictan todos os movementos da conta corrente aberta polo grupo político, relación que deberá ser asinada polo portavoz respectivo facendo constar que os devanditos pagamentos efectuáronse exclusivamente para atender gastos subvencionables.

Para a xustificación das aportacións transferidas aos partidos políticos deberá xustificarse o movemento baixo o epígrafe de «Aportación para o financiamento dos gastos ordinarios de funcionamento do partido», debendo acompañarse escrito, asinado polo portavoz do grupo e polo responsable da xestión económico-financeira do partido político, no que se declare que a aportación realizada o foi para a colaboración nos gastos ordinarios de funcionamento do partido.

Os grupos políticos poderán designar un responsable económico do grupo distinto ao portavoz, ao que corresponderán as obrigas establecidas nesta base de execución para o portavoz. Para ser efectiva, esta designación deberá comunicarse á Intervención provincial, mediante escrito asinado polo portavoz e acompañado da acta da designación do tesoureiro do grupo, asinada por tódolos seus integrantes.

b) A fiscalización do gasto pola Intervención limitarase a comprobar que se presentou a documentación co formato establecido no apartado anterior, subscrita polo portavoz do grupo e, no seu caso, que se procedeu ao reintegro da parte non xustificada.

c) O resultado desta fiscalización limitada reflectirase nun informe da Intervención Xeral da Deputación.

d) Serán obxecto de publicación no Portal de Transparencia da Deputación de Ourense os estados – resumo, a declaración das aportacións aos gastos do partidos e o informe de Intervención. A publicación realizarase polos propios servizos da Corporación.

e) No mes de xaneiro seguinte a cada anualidade xustificada, os informes da Intervención Xeral, xunto coa documentación presentada polos respectivos grupos provinciais existentes remitirase ao departamento de partidos políticos do Tribunal de Contas.

5. Xustificación final da subvención:

Sen prexuízo da obriga de xustificación parcial semestral establecida no apartado anterior, as subvencións aos grupos entenderanse destinadas de modo indistinto á atención dos gastos subvencionables que se produzan ao longo de cada mandato, incluíndo o período en que a Corporación se atope en funcións. En consecuencia, a parte da subvención non xustificada en cada semestre continuará a disposición do grupo ata a constitución da nova Corporación.

No mes seguinte á constitución da nova Corporación, os portavoces ou responsables económicos dos grupos saíntes deberán presentar ante a Intervención provincial a xustificación final do gasto realizado no conxunto do mandato. Esa xustificación integrarase polos seguintes documentos:

a) O estado – resumo da contabilidade levada polo grupo, no que se reflicta o gasto realizado no conxunto do mandato.

b) Extracto bancario que reflicta a totalidade dos movementos da conta corrente aberta polo grupo político durante o mandato, relación que deberá ser asinada polo portavoz respectivo facendo constar que os devanditos pagamentos efectuáronse exclusivamente para atender gastos subvencionables.

Para a xustificación das aportacións transferidas aos partidos políticos será de aplicación o previsto no apartado 4.a) desta base. En todo caso, non será necesario achegar coa xustificación final o documento asinado polo portavoz e o responsable económico do partido referido ás transferencias que xa fosen xustificadas a través das xustificacións parciais semestrais.

b) A Intervención provincial efectuará a fiscalización desta xustificación final, nos mesmos termos que nas xustificacións parciais, e elevará proposta de resolución á Presidencia nos seguintes termos:

1) No caso de que se considere totalmente xustificada a subvención, proporá a súa declaración como xustificada.

2) No caso de que non se considere totalmente xustificada, proporá a declaración da súa xustificación parcial e a orde de reintegro das cantidades que correspondan, máis os xuros legais aplicables.

A Presidencia ditará resolución conforme á proposta de Intervención, agás que considere que esta infrinxe o ordenamento xurídico, en cuxo caso poderá apartarse de forma motivada da proposta, previos os informes que considere oportunos.

A resolución da Presidencia publicarase no Portal de Transparencia da Deputación, en unión dos informes de Intervención e da documentación presentada polos grupos (excluídos os extractos bancarios, que non serán obxecto de publicación), e remitirase con copia desa mesma documentación ao tribunal de Contas, a efectos informativos. Igualmente, será notificada aos portavoces dos grupos, que poderán exercer as accións administrativas e legais previstas no ordenamento xurídico.

En todo caso, a orde de reintegro terá carácter inmediatamente executivo, debendo efectuarse o ingreso nos prazos previstos na lexislación tributaria para a notificación das débedas de Dereito público. En caso de impago, a Deputación fará efectivo o dereito de reintegro mediante os procedementos de recadación executiva.

6. Responsabilidade subsidiaria dos integrantes dos grupos políticos provinciais:

Os membros do grupo provincial serán subsidiariamente responsables (e solidariamente entre si) das débedas do grupo coa Deputación Provincial.

D) Persoal eventual ao servizo dos grupos políticos:

A Deputación Provincial porá a disposición dos grupos políticos medios persoais para a realización de funcións de apoio, de confianza política e asesoramento especial, de conformidade coas seguintes regras:

– A Deputación Provincial procederá á designación do dito persoal en réxime de persoal eventual, conforme co disposto no artigo 104 da Lei de bases de réxime local. O nomeamento será efectuado pola Presidencia a proposta dos grupos políticos, subscrita polo portavoz de cada grupo. A dita proposta terá carácter vinculante para a Presidencia, excepto no suposto en que recaia nunha persoa na que concorra calquera causa legal que impida o seu nomeamento.

– O cese dos funcionarios eventuais será automático coa conclusión do mandato. Así mesmo a Presidencia poderá acordar o seu cese en calquera momento previa proposta do grupo político correspondente, que terá carácter vinculante.

– Os postos de persoal eventual ao servizo dos grupos políticos recolleranse na Relación de Postos de Traballo e no Anexo de Persoal dos Orzamentos, coas características seguintes:

Os postos de coordinador de grupo existirán unicamente no Grupo Popular e no Grupo Socialista, en atención á súa maior dimensión. A efectos retributivos, asimílanse ao subgrupo A1, cunha retribución bruta anual de 43.005,41 euros.

Os postos de asesor técnico se asimilarán ao subgrupo A2, cunha retribución bruta anual de 39.943,50 euros.

Os postos de administrativo se asimilarán ao subgrupo C2, cunha retribución bruta anual de 29.915,48 euros.

O Grupo Popular disporá dun coordinador de grupo, dous asesores técnicos e tres administrativos.

O Grupo Socialista disporá dun coordinador de grupo, un asesor técnico e dous administrativos.

O Grupo de Democracia Ourensana disporá dun asesor técnico e un administrativo.

O Grupo do BNG dun administrativo.

O Grupo de Ciudadanos – Partido de la Ciudadanía disporá dun administrativo.

Os grupos políticos poderán propoñer que os postos de persoal eventual ao seu servizo se desempeñen en réxime de dedicación a tempo parcial, en cuxo caso a súa retribución reducirase proporcionalmente. Non obstante, esta redución non dará dereito ao nomeamento de persoal eventual adicional nin ao incremento da subvención nin dos cargos do grupo en réxime de dedicación.

e) Dedicacións exclusivas:

Desempeñaranse en réxime de dedicación exclusiva os seguintes cargos da Corporación:

e.1) A Presidencia da Deputación Provincial, con retribución íntegra mensual de 5.166,09 € en 14 pagas.

e.2) A Vicepresidencia 2ª e 3ª da Deputación Provincial, con retribución íntegra mensual equivalente á dun director xeral da Comunidade Autónoma.

e.3) A Presidencia do INORDE, con retribución íntegra mensual de 3.916,92 euros.

e.4) Ata un máximo de tres cargos de deputado – delegado de área, a determinar pola Presidencia (sempre que teñan delegada a facultade de ditar actos administrativos con efectos fronte a terceiros) cunha retribución bruta anual de 48.000 euros.

As retribucións correspondentes aos cargos sinalados serán en todo caso renunciables por parte dos seus titulares. Os cargos en réxime de dedicación exclusiva que non perciban retribucións neste concepto terán dereito ao cobro das axudas de custo e indemnizacións por asistencia aos órganos colexiados da entidade á que, en cada caso, presente servizo.

e.5) Poderán exercerse en réxime de dedicación exclusiva ou parcial, nos termos previstos na presente base, os cargos de portavoz ou outros cargos internos que poidan establecer os grupos políticos. Para estes efectos, e dentro dos límites máximos sinalados nesta base, os grupos políticos, mediante escrito asinado polo seu portavoz titular, determinarán os cargos con dereito a retribución e nomearán ás persoas que os desempeñarán. Para a súa eficacia, os acordos dos grupos deberán ser ratificados por resolución da Presidencia, que unicamente poderá denegar a ratificación no caso de que o acordo do grupo político infrinxa as presentes bases ou non se axuste a Dereito. A resolución da Presidencia deberá ditarse e notificarse ao grupo no prazo máximo dun día hábil dende que o escrito do grupo tivese entrada no rexistro xeral da Deputación, entendéndose outorgada por silencio administrativo en caso contrario, conforme ás normas xerais en materia de procedemento.

Os grupos políticos definirán de xeito discrecional os cargos con réxime de dedicación exclusiva ou parcial, podendo asignala tanto ao portavoz titular como aos seus suplentes ou adxuntos, e tanto aos cargos con funcións de coordinación xeral como a cargos de apoio ao coordinador xeral ou de coordinación ou responsabilidade en materias ou asuntos concretos.

Os límites aplicables son os seguintes:

– Grupo Popular: 2 dedicacións exclusivas.

– Grupo Socialista: 3 dedicacións exclusivas

– Grupo de Democracia Ourensana: 1 dedicación exclusiva

– Grupo do BNG: 1 dedicación excluisva

– Grupo de Ciudadanos – Partido de la Ciudadanía: 1 dedicación exclusiva.

Cada cargo en réxime de dedicación exclusiva terá unha retribución de 41.000 euros brutos anuais. Os grupos poderán acordar o exercicio de todos ou algúns dos seus cargos en réxime de dedicación parcial, incrementando o número de cargos con dedicación sempre que se respecte a súa equivalencia económica co límite das dedicacións exclusivas de que dispoñen. Os cargos en réxime de dedicación parcial terán a retribución que proporcionalmente lles corresponda.

f) Retencións polo I.R.P.F.:

A retención a practicar polo I.R.P.F. por asistencias a órganos colexiados, será o resultado de aplicar ás retribucións percibidas o tipo fixado na táboa xeral, tendo en conta a situación familiar existente o primeiro día do período impositivo, porcentaxe que non poderá ser inferior ao 15 por cento. Calcúlase a contía das devanditas retribucións elevando ao ano a percibida o primeiro mes do ano natural, cantidade que se presume non inferior á percibida polo mesmo concepto durante o ano anterior.

2º) Ao abeiro do establecido no artigo 39.3 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, o presente acordo, unha vez aprobado definitivamente e publicado no Boletín Oficial da Provincia, terá efectos dende o día 17 de xullo de 2019. No caso dos nomeamentos de cargos en réxime de dedicación exclusiva ou parcial, a súa eficacia producirase dende a data do correspondente nomeamento, en caso de que este fose posterior ao 17 de xullo.

3º) O presente acordo someterase a información pública polo prazo de 15 días hábiles mediante anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. Transcorrido o dito prazo sen que se formulasen alegacións o acordo entenderase automaticamente elevado a definitivo, procedéndose á publicación do texto íntegro da base modificada no Boletín Oficial da Provincia, en cumprimento do establecido no artigo 75 da Lei de bases do réxime local. No caso de formularse alegacións estas serán resoltas polo Pleno.

MODIFICACIÓN 1/2019 DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DA DPO EN MATERIA DE PERSOAL EVENTUAL DO GABINETE DA PRESIDENCIA E DOS GRUPOS POLÍTICOS DA CORPORACIÓN

Acordo:

1º) Aprobar inicialmente a modificación inicial da Relación de Postos de Traballo da Deputación Provincial, no seguinte sentido:

Na Área de Presidencia, modifícanse a determinación 2ª e 3ª no relativo ao persoal eventual, quedando establecidos os postos do dito persoal nos seguintes termos:

2º) Gabinete de Presidencia:

1 Xefe/a do Gabinete da Presidencia, Persoal Eventual asimilado ao Grupo A1. Nivel 27. Retribución bruta anual: 47.720,16 €. Forma de provisión: non procede pola especial natureza dos postos de persoal eventual.

1 Asesor/a Técnico/a da Presidencia Persoal Eventual asimilado ó Grupo A1. Nivel 27. Retribución bruta anual: 70.376,14 euros. Posto singularizado. Forma de provisión: non procede, pola especial natureza dos postos de persoal eventual.

1 Asesor/a de Comunicación da Presidencia, Persoal Eventual asimilado ó Grupo A1. Nivel 26. Retribución bruta anal: 48.497,82 euros. Posto singularizado. Forma de provisión: non procede, pola especial natureza dos postos de persoal eventual.

1 Asesor/a de Proxectos Estratéxicos da Presidencia, Persoal Eventual asimilado ao Grupo A1. Nivel 25. Retribución bruta anual: 43.005,91 euros. Forma de provisión: non procede pola especial natureza dos postos de persoal eventual.

4 Asesor/a de Presidencia. Persoal eventual, asimilado ó grupo A2. Nivel 22. Retribución bruta anual: 39.970,12 euros. Forma de provisión: non procede, pola especial natureza dos postos de persoal eventual.

5 Administrativos de Presidencia: Persoal eventual, asimilado ó grupo C1. Nivel 19. Retribución bruta anual: 29.915,48 euros. Forma de provisión: non procede, pola especial natureza dos postos de persoal eventual.

3º) Persoal ó servizo dos grupos políticos:

Grupo Popular:

1 Coordinador de Grupo Político: Persoal eventual, asimilado ó grupo A1. Nivel 27. Retribución bruta anual: 43.005,41 euros. Forma de provisión: non procede, pola especial natureza dos postos de persoal eventual.

2 Asesores Políticos de Grupo: Persoal eventual, asimilado ó grupo A2. Nivel 24. Retribución bruta anual: 39.943,50 euros. Forma de provisión: non procede, pola especial natureza dos postos de persoal eventual.

3 Administrativos de Grupo Político: Persoal eventual, asimilado ó grupo C1. Nivel 19. Retribución bruta anual: 29.915,48 euros. Forma de provisión: non procede, pola especial natureza dos postos de persoal eventual.

Grupo do PSdG-PSOE:

1 Coordinador de Grupo Político: Persoal eventual, asimilado ó grupo A1. Nivel 27. Retribución bruta anual: 43.005,41 euros. Forma de provisión: non procede, pola especial natureza dos postos de persoal eventual.

1 Asesor Político de Grupo: Persoal eventual, asimilado ó grupo A2. Nivel 24. Retribución bruta anual: 39.943,50 euros. Forma de provisión: non procede, pola especial natureza dos postos de persoal eventual.

2 Administrativos de Grupo Político: Persoal eventual, asimilado ó grupo C1. Nivel 19. Retribución bruta anual: 29.915,48 euros. Forma de provisión: non procede, pola especial natureza dos postos de persoal eventual.

Grupo de Democracia Ourensana:

1 Asesor Político de Grupo: Persoal eventual, asimilado ó grupo A2. Nivel 24. Retribución bruta anual: 39.943,50 euros. Forma de provisión: non procede, pola especial natureza dos postos de persoal eventual.

1 Administrativo de Grupo Político: Persoal eventual, asimilado ó grupo C1. Nivel 19. Retribución bruta anual: 29.915,48 euros. Forma de provisión: non procede, pola especial natureza dos postos de persoal eventual.

Grupo do BNG

1 Administrativo de Grupo Político: Persoal eventual, asimilado ó grupo C1. Nivel 19. Retribución bruta anual: 29.915,48 euros. Forma de provisión: non procede, pola especial natureza dos postos de persoal eventual.

Grupo de Ciudadanos – Partido de la Ciudadanía:

1 Administrativo de Grupo Político: Persoal eventual, asimilado ó grupo C1. Nivel 19. Retribución bruta anual: 29.915,48 euros. Forma de provisión: non procede, pola especial natureza dos postos de persoal eventual.

2º) O presente acordo someterase a información pública por prazo de vinte días hábiles, mediante anuncio inserido no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, durante o que os interesados poderán formular reclamacións, que serán expresamente resoltas polo Pleno.

En caso de non formularse reclamacións, entenderase, de forma automática, definitivamente adoptado o acordo ata entón inicial, procedéndose á súa publicación no BOP para a súa entrada en vigor, con efectos do 24 de xullo de 2015.

AUTORIZACIÓN AO DEPUTADO DON RAFAEL RODRÍGUEZ VILLARINO DE COMPATIBILIDADE

Acordo:

Autorizar ao deputado provincial don Rafael Rodríguez Villarino a compatibilidade do seu cargo de deputado en réxime de dedicación exclusiva co desempeño do posto de profesor asociado T3-P4 na Universidade de Vigo.

A dita autorización queda en todo caso suxeita ao cumprimento dos límites establecidos no artigo 7 da Lei de incompatibilidades.

DACIÓN DE CONTA DA CONSTITUCIÓN DOS GRUPOS POLÍTICOS DA CORPORACIÓN E DA DESIGNACIÓN DOS SEUS PORTAVOCES

Acordo:

Polo exposto, dáselle conta ao Pleno da constitución dos grupos políticos da Corporación para o mandato 2019-2023, así como a designación de portavoces, co seguinte detalle:

GRUPO POPULAR: integrado por doce (12) deputados/as do Partido Popular, que designan voceiro a don Plácido Álvarez Dobaño, e como suplentes a don César Manuel Fernández Gil e don Pablo Pérez Pérez.

GRUPO SOCIALISTA: integrado por nove (9) deputados/as do PSdeG.-PSOE, que designan como voceiro a don Rafael Rodríguez Villarino e como voceiras adxuntas a dona Elvira Lama Fernández e dona Margarita Pérez Fernández.

GRUPO DE DEMOCRACIA ORENSANA: integrado por dous (2) deputados de Democracia Orensana, que designan voceiro a D. José Miguel Caride Domínguez e como suplente a D. Armando Ojea Bouzo.

GRUPO DO BNG: integrado por un (1) deputado, que designa voceiro a D. Bernardo Varela López.

GRUPO DE CIUDADANOS-PARTIDO DE LA CIUDADANÍA: integrado por unha (1) deputada, que designa voceira a dona Montserrat Lama Novoa.

DACIÓN DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA PRESIDENCIA RELATIVAS A NOMEAMENTO DOS MEMBROS DA XUNTA DE GOBERNO, NOMEAMENTO DE VICEPRESIDENTES E DELEGACIÓNS EN DEPUTADOS PROVINCIAIS

Acordo:

Delegación de atribucións da Presidencia en deputados de área e delegacións especiais no mandato 2019 – 2023

Delegar nos deputados que se mencionan as seguintes áreas de responsabilidade, que se transcriben a continuación:

1º) Delegación de área a favor de membros da Xunta de Goberno: deléganse nos membros da Xunta de Goberno que se indican de seguido as funcións de xestión política das áreas de acción que se sinalan en cada caso:

– D. Rosendo Luís Fernández Fernández na área de Economía e Facenda.

– D. Plácido Álvarez Dobaño, na área de Transparencia e Administración provincial.

– D. Pablo Pérez Pérez, na área de Cooperación.

– D.ª Ana María Villarino Pardo, na área de Termalismo.

– D César Manuel Fernández Gil, na área de Universidades e Formación Profesional.

– D.ª Luz Doporto Real, na área de Reto Demográfico, Igualdade e Políticas Sociais.

– D. Armando Ojea Bouzo, nas áreas de Dinamización do Medio Rural e Teatro Principal e Centro Cultural Provincial Marcos Valcárcel.

– Don Jorge Pumar Tesouro, na área de Turismo e Innovación.

A delegación comprende o estudo e proposta de accións para realizar durante o vixente mandato nas áreas respectivas, así como a dirección operativa do persoal das unidades administrativas correspondentes, sen prexuízo das facultades reservadas á Dirección Xeral de Recursos Humanos, ao deputado – delegado de Administración Provincial e á Presidencia en materia de xestión de recursos humanos.

Nas delegacións conferidas non se inclúe a facultade de ditar actos administrativos con efectos fronte terceiros, agás nos seguintes supostos:

A.- D. Rosendo Luís Fernández Fernández, como deputado delegado da área de Economía e Facenda, exercerá as seguintes atribucións propias da Presidencia:

a) O recoñecemento e liquidación de obrigacións de carácter contractual.

b) A ordenación de pagos de obrigacións recoñecidas previamente.

c) A facultade de ditar todos os actos administrativos fronte terceiros en materia de xestión tributaria e recadación que correspondan a esta Deputación, tanto respecto dos seus tributos propios como dos tributos municipais delegados na Deputación. Exceptúanse do ámbito desta delegación aqueles actos de recadación que lle correspondan ao tesoureiro da Deputación Provincial.

d) A incoación e resolución de procedementos sancionadores en materia tributaria.

e) Os actos de incoación, trámite e resolución que lle correspondan á Presidencia en todo tipo de procedementos relativos a subvencións, agás no caso das subvencións e programas de cooperación tramitados pola Área de Benestar, que corresponderán á deputada – delegada da Área de Reto Demográfico, Igualdade, Benestar e Emprego.

B.- D. Plácido Álvarez Dobaño, como deputado delegado da área de Administración Provincial, exercerá as seguintes atribucións propias da Presidencia:

a) A resolución de solicitudes de execución de obras, plantacións, e outras actuacións suxeitas a autorización previa, nas zonas de dominio público, servidume e afección das estradas de titularidade provincial.

b) A incoación e resolución de procedementos sancionadores por infraccións ao disposto na lexislación de uso e defensa das estradas provinciais.

c) A resolución das solicitudes de devolución de garantías constituídas para a execución de obras ou outras actuacións en zonas de dominio público, servidume ou afección das estradas provinciais.

d) A incoación e resolución de procedementos de reclamacións de responsabilidade patrimonial a terceiros por danos nas estradas de titularidade provincial.

e) A resolución de solicitudes de autorización de cortes de tráfico en estradas de titularidade provincial.

f) A resolución de solicitudes de permisos de circulación de vehículos por estradas provinciais.

g) A adopción dos seguintes actos de trámite nas obras executadas pola Deputación Provincial, tanto por contrata como por administración, así como os relativos a cortes de tráfico de estradas:

– Actas de aprobación do plan de seguridade e saúde.

– Actas de nomeamento da persoa que asume as funcións do recurso preventivo das obras que sexan por administración.

– Comunicacións á autoridade laboral de apertura de centros de traballo das obras que sexan por administración.

– Comunicacións á Xunta de Galicia de apertura de centros de traballo.

– Actas de aprobación da avaliación de riscos (plan de prevención) de obras sen proxecto.

– Autorizacións de gasto para a publicación en medios de comunicación social de anuncios de cortes de estradas. Non obstante, a sinatura dos anuncios corresponderalle á Presidencia.

h) Os actos de trámite e resolución de expedientes en materia de xestión de recursos humanos, agás os seguintes:

– Os actos relativos á oferta de emprego público.

– Os actos relativos aos procedementos de selección de persoal e provisión de postos de traballo.

– Os actos relativos a procedementos disciplinarios.

– Os actos relativos á negociación colectiva que non lle correspondan ao Pleno.

C.- Don Pablo Pérez Pérez, como deputado delegado da área de Cooperación, exercerá as seguintes atribucións da Presidencia:

a) A representación da Deputación Provincial nas comisións de seguimento dos convenios, plans ou programas de cooperación entre a Deputación Provincial e o resto de entidades locais da provincia, incluíndo as facultades propias da Presidencia da dita comisión cando lle corresponda á Deputación, agás nos casos nos que, pola especificidade da materia, esta función se delegue expresamente noutro deputado delegado.

b) Os actos de execución dos convenios, plans ou programas de cooperación e/ou asistencia a municipios e outras entidades locais da provincia, agás os que correspondan ao deputado delegado de facenda ou ao deputado delegado de administración provincial en materia de xestión económica e de recursos humanos, e os que lle correspondan á Presidencia en materia de recursos humanos. Exceptúanse, igualmente, os actos de execución de convenios, plans ou programas que especificamente se deleguen noutros deputados – delegados.

c) O exercicio das atribucións que lle correspondan á Presidencia para a realización das funcións delegadas polos concellos na Deputación Provincial en materia de medio ambiente, limpeza viaria e xestión de servizos municipais, incluíndo en todo caso os seguintes:

– Os actos de tramitación e resolución de permisos especiais de vertido (incluíndo, ademais, os procedementos de concesión dos ditos permisos, os procedementos de adopción de medidas correctoras das actividades autorizadas, os procedementos de modificación e declaración de caducidade dos permisos).

– A incoación e resolución de expedientes sancionadores en materia de residuos sólidos urbanos, limpeza viaria e vertido de augas residuais.

– A tramitación e resolución dos procedementos de retirada de vehículos estacionados na vía pública.

d) O exercicio das facultades para ditar todos os actos administrativos, tanto de trámite como resolutorios, que lle corresponden a esta Presidencia nos expedientes de expropiación forzosa tramitados por esta Deputación Provincial, tanto da propia Deputación ou dos seus entes vinculados ou dependentes, como os das entidades locais da provincia que se tramiten por delegación. Exceptúase da delegación a ordenación dos pagos derivados das expropiación, que se realizara polo deputado – delegado de Facenda.

e) O exercicio das facultades da representación da Deputación Provincial na Asemblea do Consorcio de Augas de Valdeorras, incluída a súa presidencia.

f) A representación da Presidencia da Deputación Provincial no Pleno do Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.

D) Dona Luz Doporto Real, como deputada delegada da Área de Reto Demográfico, Igualdade e Políticas Sociais exercerá as seguintes atribucións propias da Presidencia:

a) A incoación, de se – lo caso, e a resolución dos procedementos de declaración de usuarios do Servizo de Teleasistencia Domiciliaria nas situacións de alta, espera de alta, baixa ou suspensión do servizo, así como as resolucións de denegación do acceso ao servizo ou da súa extinción.

b) Os actos de incoación, trámite e resolución que lle correspondan á Presidencia en todo tipo de procedementos relativos ás subvencións e convenios ou programas de cooperación tramitados pola Área de Benestar, incluíndo os actos de xestión económica que se diten neses procedementos (agás os de ordenación de pagos) e o exercicio da representación da Deputación Provincial nas comisións de seguimento ou órganos análogos relativos aos convenios, plans ou programas de cooperación nesta materia.

E) Don Armando Ojea Bouzo, como deputado delegado da área do Teatro Principal e do Centro Cultural Marcos Valcárcel:

a) A adxudicación e formalización dos contratos privados relativos á celebración de concertos, representacións teatrais e demais de contido artístico que se celebren no Teatro Principal, tanto dos contratados a caché como dos verificados mediante alugueiro do edificios.

b) A cesión temporal de uso das dependencias do Teatro Principal e do Centro Cultural Provincial Marcos Valcárcel a entidades públicas e entidades privadas de interese público para fins que redunden en beneficio da provincia.

F) Don Armando Ojea Bouzo, como deputado delegado da área de Dinamización do Medio Rural:

a) A representación da Deputación Provincial nas comisións de seguimento dos convenios, plans ou programas de cooperación entre a Deputación Provincial e o resto de entidades locais da provincia relativos á Rede Provincial de Centros de Recollida de Animais Abandonados, incluíndo as facultades propias da Presidencia da dita comisión cando lle corresponda á Deputación.

b) Os actos de execución dos convenios, plans ou programas de cooperación entre a Deputación Provincial e o resto de entidades locais da provincia relativos á Rede Provincial de Centros de Recollida de Animais Abandonados, agás os que correspondan ao deputado delegado de facenda ou ao deputado delegado de administración provincial en materia de xestión económica e de recursos humanos, respectivamente, e os que lle correspondan á Presidencia en materia de recursos humanos.

As delegacións especificadas nos apartados A, B, C, D, E e F anteriores, inclúen en todos os supostos a facultade de resolución dos recursos ou reclamacións que se interpoñan en vía administrativa.

2º.- Delegacións especiais a favor de deputados e deputadas non integrados na Xunta de

Goberno: Confírense, ao abeiro do artigo 63.4 do ROF, as seguintes delegacións especiais, a favor de deputados non integrados na Xunta de Goberno, para a dirección e xestión política dos asuntos determinados que se indican en cada caso:

a) D.ª María Consuelo Vispo Seara, estudo e proposta de accións para realizar durante o vixente mandato en materia de infraestruturas.

b) D. Miguel Antonio Cid Álvarez, estudo e proposta de accións para realizar durante o vixente mandato en materia de enerxía e medio ambiente.

c) Dona Patricia Torres Madureira, estudo e proposta de accións para realizar durante o vixente mandato en materia de cultura.

d) Don Álvaro José Fernández López, estudo e proposta de accións para realizar durante o vixente mandato en materia de deportes e mocidade.

No exercicio das súas funcións, os deputados con delegación especial poderán requirir o acceso á información dispoñible na Corporación e a colaboración e apoio técnico do persoal das unidades administrativas correspondentes.

3º.- O exercicio das atribucións delegadas levarase a cabo con estrita suxeición á normativa vixente.

4º.- As delegacións conferidas producirán efectos a partir do día seguinte ao da sinatura da presente resolución, sen prexuízo da súa notificación aos interesados, da preceptiva publicación no BOP e da dación de conta ao Pleno na primeira sesión que teña lugar.

Vicepresidentes

Nomear vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Ourense ao deputado

provincial don Rosendo Luis Fernández Fernández.

O presente nomeamento, do que se dará conta ao Pleno na primeira sesión que celebre, será obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia e notificación persoal ao interesado, sen prexuízo da súa efectividade a partir do día seguinte ao da data de sinatura electrónica desta resolución.

Nomear ao deputado provincial don Armando Ojea Bouzo vicepresidente 2º da Deputación Provincial de Ourense. O dito cargo exercerase en réxime de dedicación exclusiva, conforme ao previsto na base 67ª das de execución do orzamento vixente.

O presente nomeamento producirá efectos a partir do día 11 de xullo de 2019, sen prexuízo da súa notificación ao interesado, da súa publicación no BOP e da dación de conta ao Pleno na primeira sesión que celebre.

Nomear vicepresidente terceiro da Deputación Provincial de Ourense ao deputado provincial don Plácido Álvarez Dobaño.

O presente nomeamento, do que se dará conta ao Pleno na primeira sesión que celebre, será obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia e notificación persoal ao interesado, sen prexuízo da súa efectividade a partir do día seguinte ao da data de sinatura electrónica desta resolución.

Declarar o cese de don Jorge Pumar Tesouro como vicepresidente 2º da Deputación Provincial de Ourense, agradecéndolle os servizos prestado.

A presente resolución terá efectos a partir do 11 de xullo de 2019, sen prexuízo da notificación ao interesado e da preceptiva dación de conta ao Pleno e publicación desta resolución no BOP.

Nomeamento da Xunta de Goberno

Nomear como membros da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Ourense aos seguintes deputados e deputadas:

– Don Rosendo Luís Fernández Fernández

– Don Jorge Pumar Tesouro

– Don Plácido Álvarez Dobaño

– Don Armando Ojea Bouzo

– Dona Ana María Villarino Pardo

– Dona Luz Doporto Real

– Don Pablo Pérez Pérez

– Don César Manuel Fernández Gil

O presente nomeamento, do que se dará conta ao Pleno na primeira sesión que celebre, será obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia e notificación persoal aos interesados, sen prexuízo da súa efectividade a partir do día seguinte ao da data de sinatura electrónica desta resolución.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar