Festival Interceltique de Lorient:Carlos Núñez, Aliboria, Milladoiro e Mercedes Peón


Festival Interceltique de Lorient naceu hai 48 anos co desexo dos seus fundadores de contribuír ao desenvolvemento da música e a cultura bretona e tamén aberto para as nacións celtas das Illas Británicas (Escocia, Gales, Cornuailles, Illa de Man e Irlanda) e o norte peninsular (Galicia e Asturias). 

Co seu éxito, o interceltismo pasou as primeiras fronteiras celtas británicas e peninsulares para conectarse a outros lugares onde hai tamén un lugar de migración máis recente, como bandas australianas, canadienses ou latinoamericanas.

Nos dez días de festival, chegan á vila bretona máis de 4.500 artistas para participar nos máis de 120 espectáculos que se desenrrolan nos distintos espazos do festival, chegando a haber 120.000 espectadores de pago e 750.000 visitantes, o que o convirte no máis importante festival de Francia e do mundo.

  • Representación galega

Logo de dez anos, o Interceltique de Lorient volve a convidar a Galicia como país de honra, o cal levará a máis de 300 artistas que amosarán o mellor da música e o baile feito no país. A Delegación Galega terá protagonismo na cita, con artistas de talla internacional e novas propostas que achegarán ao público bretón.

Carlos Núñez é nestres intres o único artista que esgotou xa as entradas para o seu concerto no Interceltique (xoves 8), no que contará con colaboracións coma as de Alan Stivell. Xosé Lois Romero & Aliboria participarán na Grande Noite de Galicia (luns 5) e terán un concerto no prestixioso Teatro de Lorient. A proposta “Le chemin de Breogán” da Banda de Música de Silleda e a Banda de Gaitas de Forcarei é a seleccionada para o concerto de apertura do festival o sábado 3 de agosto, con máis de 150 participantes e un gran elenco de artistas convidados coma Suso Vaamonde, Bouba ou Abraham Cupeiro.

Outras grandes citas no Espace Marine, o gran pavillón de concertos deste festival serán as de Milladoiro (mércores 7) e Mercedes Peón (sábado 10) nunha noite especial de fusión da música celta e electrónica. A proposta de Tiruleque tamén participará na Grande Noite de Galicia (luns 5) e no Quai de la Bretagne (venres 9), completando o elenco de grupos folk.

Xunto á Banda de Gaitas de Forcarei, tamén participarán a Banda de Gaitas Invernía e o grupo de baile Xacarandaina, amosando a parte máis tradicional da música e baile galego.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar