O Instituto Cervantes e o Colón galego

SE un entra na páxina oficial do Instituto Cervantes, creado para difundir a españolidade, pode ler que “os indicios máis verosímiles é que Colón é xenovés”, e se “falsificaron documentos para demostrar a orixe galega de Colón”. 

A última afirmación é totalmente falsa como demostrou o ditame do Instituto do Patrimonio Cultural de España (IPCE). García de la Riega, o considerado como pai da tese de Colón galego, recalcou en algúns documentos certas palabras para poder lelas, non as falsificou. 

Por iso as institucións galegas, comezando pola Xunta, deberían dirixirse ao Instituto Cervantes pedíndolle a retirada desta afirmación ofensiva e denigrante, así como desculpas e rectificación pública. 

Sorprende esta afirmación cando un dos mitos da nación española, El Cid, está baseado nun poema épico, polo tanto, un texto literario. E que o seu grande divulgador, Menéndez Pidal, está demostrado que si falsificou certas citas para que cadraran coa súa teoría. 

Pero ese mesmo creador da “epopea castelá cara a España imperial”, non ten reparo en afirmar que “perden o tempo os que falan do Colón español”. 

Logo de analizar a lingua italiana do descubridor, a portuguesa e a española, sostén que “nos seus primeiros anos en Xénova, Colón, puido tratar con algún español aportuguesado e alí aprender a súa lingua”, descartando que “estivera na Galiza”. 

Tamén sostén que a primeira lingua moderna que soubo escribir Colón foi o español. Para a continuación analizar: “escribía nun español aportuguesado e dialectal”, non tendo en conta para nada nos seus estudos a presenza dos xiros lingüísticos propios galegos nin sequera a esmagante presenza dos topónimos galegos. 

Pero o certo é que o Colón xenovés colleu forza a comezos do século XX coa irrup-ción do fascio en Italia, e cos millóns que gastou Benito Musolini para tratar de impor a tese dun Colón a súa comenencia. 

Até daquelas a tese de máis forza era a de que Cristóbal Colón era galego e, polo tanto, español. Así o defendía

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar