ABANCA fomenta o uso do transporte sustentable entre o seu persoal

• A entidade pon a disposición do seu persoal, nos seus principais centros de traballo na Coruña, Vigo e Madrid, patinetes eléctricos e bicis • ABANCA quere impulsar e liderar a transición cara á mobilidade sustentable como parte do seu compromiso coa sustentabilidade

ABANCA vén de poñer en marcha unha serie de iniciativas para fomentar o uso do transporte sustentable e alternativo ao coche entre o seu persoal. Nas súas sedes corporativas de A Coruña, Madrid e Vigo, a entidade financeira pon a disposición dos seus empregados e empregadas patinetes eléctricos e bicicletas para que poidan desprazarse polas citadas localidades. O banco galego deseñou un sistema de reservas online para que cada persoa poida xestionar o uso dos vehículos.

Proximamente, nunha segunda fase, e co obxectivo de fomentar un modo de transporte saudable e sustentable para ir ao traballo, ABANCA ofrecerá aos seus empregados e empregadas unha promoción especial para que poidan comprar un patinete eléctrico e o poidan usar nos seus desprazamentos pola cidade.

A iniciativa ten como finalidade promover o benestar, mellorar a calidade de vida e concienciar ao persoal no uso de transporte sustentable e enmárcase dentro do conxunto de accións postas en marcha pola entidade co obxectivo de contribuír a frear o cambio climático e os seus efectos.

Neste sentido, destacan tamén outras iniciativas levadas a cabo polo banco que buscan reducir os consumos enerxéticos e as emisións que se xeran, como o novo modelo de oficina sustentable que está a implantar na súa rede comercial, ou o fomento da utilización de sistemas de multiconferencia para evitar traslados físicos.

Compromiso coa sustentabilidade

Con este conxunto de iniciativas, ABANCA quere impulsar e liderar a transición cara á mobilidade sustentable como parte do seu compromiso coa sustentabilidade. Nas renovacións das súas sedes e oficinas, a sustentabilidade, enfocada ao menor consumo enerxético e doutros recursos, ocupa un lugar crave entre os principios de xestión de ABANCA. En 2018 ABANCA logrou unha redución do 2,2% no consumo de papel, do 10,6% no consumo enerxético por empregado, do 8,1% o do gasóleo e do 3,8% nas emisións de CO2 por empregado.

Esta xestión sustentable permitiu tamén que a sede do banco en Madrid recibise a cualificación ‘Moi Boa’ do Selo Internacional Breeam que valora os proxectos e a súa execución desde o punto de vista ambiental e de sustentabilidade e que a renovada sede de RN30 consuma un 15% menos de enerxía cun 35% máis de persoal que antes da reforma. A preocupación do banco por promover un modelo de negocio sustentable enlaza cos dous obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) ‘Cidades e comunidades sustentables’ e ‘Acción polo clima’, cos que ABANCA está socialmente comprometida.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar