O PP de Teo pide explicación sobre as farolas

Os populares esixen xa a comparecencia de Uxía Lemus paraque dé as explicacións necesarias da gravísima información conocida hoxe por vías xornalísticas.

Os populares de Teo lembran que “dende o primeiro momento sostivemos que non era necesario retirar 800 farolas, xa que estaban en estado óptimo e era un despilfarro de cartos innecesarios para as arcas municipais. Aos feitos nos remitimos cando o revendedor das farolas na plataforma web de venda, confirma que se estopan en bo estado”

“So Uxía Lemus, sabe o motivo de porque se retiraron esas 800 farolas. Estamos fartos do escurantismo no que vive inmerso a veciñanza de Teo. Pedimos que con urxencia, o goberno municipal explique a todos os veciños a patraña de xestión feita coas farolas do municipio”, conclue Guerra. 

O que nos enteramos hoxe, é o culmen dun proceso onde non se escoitou os veciños, queremos recordar as verbas dun veciño

da zona recorda que “no seu día esas farolas foran pagadas cos impostos de todo o pobo e agora tíranse eses cartos ao lixo sen tan sequera preguntarnos aos afectados”.   

Mais, para Guerra, o culmen do aparecido hoxe na prensa e a reutilización de algúns postes de formigón en estado ruinoso que se usou, e se eliminaran as farolas en bon estado,  e ahora se esten revendendo as farolas vellas. “Ninguén comprende que se despilfarre eliminando pedestais de fundición en perfecto estado nunhas zonas e, pola contra, se aproveiten brazos enferruxados e pedestais de formigón a punto de romper noutras.”

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar