Abanca reforza a sua situación económica coa integración dunha dirixente portuguesa

O Consello de Administración de ABANCA mantivo unha reunión ordinaria na sede corporativa do banco en Lisboa. O máximo órgano de Goberno Corporativo de ABANCA decidiu nomear como conselleira á financeira portuguesa Ana Barros. Ao Consello, primeiro que se celebra en Portugal, asistiron todos os seus integrantes, encabezados polo presidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas. O día anterior, 25 de xuño, ABANCA tamén realizou en Lisboa a reunión do seu Comité de Dirección.

A reunión do Consello de Administración de ABANCA en Lisboa pon de manifesto a importancia estratéxica que o banco outorga a Portugal nos seus plans de crecemento. Tras a integración de Deutsche Bank PCB Portugal, culminada recentemente con total éxito, ABANCA iniciou unha nova etapa no país centrada nos segmentos de private banking e banca de empresas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar