Parlamento: Jackeline Fernández tomou posesión como deputada do PP

Jackeline Elisabeth Fernández Macías tomou posesión ao inicio do Pleno do Parlamento, como deputada do PPdeG pola circunscrición de Ourense. A nova deputada naceu en Venezuela en 1986 e accede ao Parlamento de Galicia en substitución de César Manuel Fernández Gil, elixido alcalde de Ribadavia. Fernandez Macías é licenciada en Administración e Dirección de Empresas e diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Vigo; e máster en Dirección e Planificación de Turismo de Interior e de Saúde pola Universidade de Vigo. Foi presidenta da Novas Xeracións de Ourense de 2010 ata o 2016.

Na actualidade é membro do Comité de Dirección e Xunta Directiva do PP de Ourense.  Foi deputada na IX Lexislatura no Parlamento de Galicia, formando parte das Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos; Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes; e da Comisión de Asuntos Europeos. 

O Pleno da Cámara comezou gardando un minuto de silencio en memoria do deputado Raúl Fernández Fernández, falecido a semana pasada.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar