O Plan de Axuda Alimentaria chegará a 58.000 galegos que percibirán 1.313.000 quilos de alimentos

A Delegación do Goberno en Galicia, a través da Área Funcional de Agricultura, está coordinando as entregas de alimentos correspondentes á primeira fase do “Programa 2019 de axuda alimentaria ás persoas máis desfavorecidas”. Nestos días estánse a repartir 1.313.267,52 quilos de alimentos entre nove centros de almacenaxe distribuídos nas catro provincias e que son xestionados polas dúas entidades designadas polo Ministerio de Agricultura para este programa: Banco de Alimentos e Cruz Vermella. Estas dúas entidades distribuirán finalmente os alimentos que reciben do FEGA a 438 organizacións asociadas de reparto, entre as que están asociacións, comedores sociais e concellos, que, á súa vez, atenden a 58.370 persoas necesitadas en situación de dependencia social y/o económica.

O investimento total destinado á compra de alimentos para adquirir os alimentos desta primeira fase en Galicia ascende a 1,21 millóns de euros, achegados polo Goberno Central e a Unión Europea. Na campaña do ano 2018, o investimento do Programa en Galicia alcanzou os 3,79 millóns de euros e os 4.458.252 de quilos de alimentos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar