A xunta de accionistas de ABANCA aproba a absorción da sociedade matriz do banco

A Xunta Xeral de Accionistas de ABANCA, presidida por Juan Carlos Escotet Rodríguez, aprobou esta mañá na súa reunión anual ordinaria o proxecto de fusión por absorción de Abanca Holding Financiero, accionista maioritaria da entidad financeira.

Esta fusión permitirá a ABANCA reforzar aínda máis a súa folgada capitalización, cun impacto estimado de 90 puntos básicos na cociente de solvencia e de 30 puntos básicos na cociente CET1. Ademais, a absorción simplificará a estrutura societaria e de goberno, o que vai redundar nunha mellora da eficiencia.

2018, beneficio récord

A Xunta, que rexistrou unha asistencia do 87,33% do capital social do banco, aprobou ademais as contas anuais individuais e consolidadas de 2018, así como os informes de xestión verificados por KPMG Auditores, e ratificou a distribución de dividendo a conta do exercicio.

ABANCA rexistrou en 2018 o mellor exercicio da súa traxectoria en termos económicos, ao pechar o ano cun beneficio neto de 430 millóns de euros, un 17,3% máis que en 2017, e unha rendibilidade ROTE do 11,4%.

A entidade destacou durante o exercicio polo aumento dos ingresos recorrentes (+9,5%), a fortaleza comercial no negocio bancario e de seguros, e unha significativa optimización da calidade do activo, cun descenso en saldos dubidosos do 29,0%, que situaron a taxa de morosidade no 3,6%. Pola súa banda, ao peche do exercicio o capital CET1 situouse no 14,8%, aínda que as dúas emisións de instrumentos computables como capital realizadas recentemente, cunha acollida moi favorable no mercado europeo, permítenlle incrementar a cociente ata o 17%. Polo que respecta á liquidez, a entidade dispoñía en decembro de 11.364 millóns de euros entre capacidade de emisión de cédulas e activos líquidos.

Investimento social e Sustentabilidade

As contas aprobadas inclúen tamén a Memoria Corporativa e de Responsabilidade Social Corporativa, que recolle as actuacións desenvoltas pola Obra Social de ABANCA a través de Afundación, con preto de 1.170.000 beneficiarios durante o ano pasado. A entidade financeira destina a este investimento social e sustentable o 3% dos seus beneficios, que permiten o desenvolvemento de actividades a través de catro áreas estratéxicas transversais: educación superior e innovación financeira, envellecemento activo, desenvolvemento e promoción sociocultural e voluntariado corporativo e social. Coa achega de 2019, o investimento de ABANCA en materia social e de sustentabilidade supera os 40 millóns de euros desde 2014.

Por outra banda, a Memoria Corporativa resalta que ABANCA, a través da súa dobre vertente financeira e social, xerou en 2018 un valor económico de 1.057,3 millóns de euros, un 14,1% máis que no exercicio anterior. Pola súa banda, o Valor Económico Distribuído total alcanzou os 746,5 millóns de euros, cun incremento no ano do 13,5%. O documento recolle tamén a achega ao mercado laboral de 4.903 empregos directos, dos que 411 corresponderon a novas incorporacións durante 2018.

Entre as iniciativas no ámbito da educación desenvoltas en 2018 por ABANCA e a súa Obra Social destacan oPrograma de Educación Financiera e a actividade promovida por IESIDE. No ámbito da promoción da cultura impulsáronse propostas expositivas como a mostra ‘Dalí e o surrealismo na Colección ABANCA’, que se puido contemplar no Museo Nacional Thyssen- Bornemisza, e outros 27 eventos expositivos en Galicia e León con obras das coleccións artísticas do banco e Afundación. Tamén foron reseñables as actuacións orientadas á promoción do deporte, co Programa ABANCA Deporte Base como principal expoñente; a xestión empresarial socialmente responsable, promovida a través do Foro ABANCA Responsable, ou a mellora do medio ambiente, con iniciativas como a campaña de reforestación‘Unha árbore nova’.

Mellores prácticas de gobernanza e xestión prudente

Os accionistas acordaron, ademais, determinadas modificacións estatutarias motivadas, fundamentalmente, polas integracións de negocio de Deutsche Bank PPC Portugal e Banco Caixa Geral. Entre os puntos aprobados figuran o establecemento dun número máximo de membros do Consello de Admistración, que quedou fixado en 11 persoas, e a actualización da política retributiva da entidade. Estes acordos permiten a ABANCA seguir aliñándose coas mellores prácticas de gobernanza das sociedades cotizadas e a xestión prudente dos riscos, dúas prioridades recorrentes na entidade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar