Ourense presenta en Braga a sua oferta turística «Expocidades»

A cidade de Ourense participa un ano máis en Expocidades, a Mostra de Turismo de Cidades do Eixo Atlántico. Nesta edición, xa a 5ª, a feira trasládase a cidade portuguesa de Braga, un dos destinos turísticos europeos de maior proxección hoxe. A cita será ata o 2 de xuño en pleno centro da cidade lusa, na Praça da República.

Expocidades reúne a oferta turística de municipios de Galicia e Norte de Portugal integrados no Eixo Atlántico, entidade de cooperación transfronteiriza sen ánimo de lucro. A feira pon o foco no mercado de proximidade, buscando promover estes destinos ante o seu público final e, ademais, favorecer a relación directa entre axentes turísticos e comercializadores.

Nesta edición, Expocidades comparte espazo e crea sinerxías co Vinho Verde Fest, evento festivo e enogastronómico de exaltación deste produto singular. En 2019 a festival reunirá a máis de 40 expositores.

O horario de feira será de 14:00 a 23:00 horas* os días 31 de maio e 1 de xuño, e de 10:00 a 18:00 horas* o día 2 de xuño. A entrada é libre e de balde.

Turismo de fronteira

A inauguración oficial de Expocidades está prevista para mañá, xoves 30 de maio, ás 18:30 horas, coincidindo coa celebración do Foro de Turismo de Fronteira Europeo. O Foro, de carácter aberto e gratuíto, reunirá a especialistas de toda Europa para afondar, desde diferentes perspectivas e experiencias,neste novo concepto de “turismo transfronteirizo”.

Celébrase no marco de dúas accións financiadas con fondos europeos de cooperación: O Proxecto Destino Fronteira, financiado polo POCTEP España-Portugal e o Proxecto EPICAH, financiado por Interreg Europe e liderados ambos polo Eixo Atlántico.

Máis información e inscricións en www.eixoatlantico.com

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar