Podemos, Son en Común:«Horizonte verde», aposta por un futuro sustentable

Movilidade e transición enerxética, transporte público eficente, eficaz e para toda á cidadanía, unha rede ciclista periurbana, e o fomento de vehículos cero emisións, son algunhas das propostas do plan de Podemos-EU, Son en Común ‘Horizonte Verde: a nosa aposta por un futuro sustentable’ que a coalición presentou este venres na súa sede, como acto de peche de campaña, da man do experto en movilidade e membro da asociación Pedaladas, Quique Pérez.

               No peche de campaña estiveron presentes o candidato á alcaldía, José Ramón Otero; a número dous da lista, Bárbara García; o deputado autonómico, Marcos Cal; e a deputada autonómica Julia Torregrosa que deixaron ben claro que “somos a única candidatura que fala no seu programa municipal de loita contra o cambio climático”.

               Este plan cumple coas directrices do anteproyecto de Ley de Cambio Climático e Transición Enerxética (LCCTE) que, entroutras cousas, contempla un plan de movilidade urbana sostible, aforro enerxético en fogares e industrias, e o maís importante: “non só está xa implantado en todas as grandes cidades, senon que será de obligado cumprimento en canto sexa aprobada a LCCTE”.

               “Un novo modelo urbán menos dependente das enerxías fósiles e máis eficente, potenciar o transporte público sustentable e eficaz ou xerar infraestructuras para o uso das bicicletas son algunhas medidas irrenunciables para nos”, subliñou Pérez. Sen esquecer, dixo, os edificios autosuficentes que, “xeran un importante aforro de enerxía e evitan as grandes emisións contaminantes”. E puxo un exemplo: o consumo bruto de enerxía nos fogares do municipio é de 613.435 Tj, é dicir, 14´65 millóns de Tn de petróleo equivalente, a meirande parte dela en calefacción.

               De feito, engadíu, “Pontevedra ten unha dependencia do automovil moi alta: temos 483 vehículos por cada 1000 habitantes, segundo os propios datos da propia DGT”. E ademáis, matizou, “o parque automóvil, que é a primeria fonte de emisións contaminantes no municipio, é moi contaminante con máis de 600 mil toneladas de CO2 ao ano, cunha antigüedade media de 11,2 anos e cunha porcentaxe do 51 por cento de vehículos diesel, baixo a anticuada Norma anticontaminación EURO4 na súa maioria”.

               Transporte público

               Para paliar esta situación, asegurou Pérez, imponse “propiciar unha cidade accesible e equitativa no uso do espazo público, facilitar os desprazamentos a pé, en bicicleta e en transporte público, e minimizar a necesidade de uso do vehículo a motor privado”. E tamén, “reducir nun 50 por cento as emisións de CO2 para 2030, e un 100 por cen para 2050 en todo o municipio”.

               Respecto ao transporte público, indicou, “ten que ser eficiente, suficiente e con prezos bonificados a persoas que non cheguen ao SMI, estudantes, parados e menores de 19 anos”. Unhas condicions  que superan incluso as propostas pola Xunta de Galicia.

               No plan incluense tamén un plan de movilidade activa, a rede cilcista cun paseo peonil e carril ciclista entre Marín e Pontevedra; unha vía Verde entre Pontevedra e Arcade; e unha conexión ciclista con Monteporreiro e Montecelo. En total, 18 km de ámbito urbano e 13 km metropolitanos.

               Vehículos cero emisións

               Para potenciar o uso de vehículos cero emisión, Pérez defende “a renovación do parque móbil do Concello por vehículos de baixas emisións ao final da súa vida útil; unha rede de puntos de recarga eléctrica, gratuita para cadeiras de rodas e bicicletas eléctricas; e unha ebaixa no IVTM aos vehículos con combustibles alternativos ao fósil e eléctricos, ademáis de aparcamentos reservados”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar