BNG:Ramon Gosfoguel pide o voto para Ana Miranda


“A esquerda españolista non está preparada para deter o fascismo, os únicos que o poder frear son os movementos soberanistas de esquerda” salientou o sociólogo e profesor da Universidade de Berkeley, Ramón Grosfoguel, nunha tertulia organizada polo BNG, que foi conducido pola eurodeputada e candidata ás eleccións europeas do 26 de maio, Ana Miranda, e o concelleiro e coordinador da campaña, Rubén Cela.

Na súa intervención, Grosfoquel considerou que esa situación da esquerda españolista é debida a súa baixada de expectativas “por cuestións electoralistas” ao seguir implementando políticas racistas e neofascistas. Dado este contexto, defendeu que a única opción para deter o fascismo é “o movemento soberanista de esquerdas”, materializado na “alianza estratéxica” das forzas soberanistas do Estado español baixo o nome Agora Repúblicas, e integrado fundamentalmente por BNG, EH Bildu e Esquerra.

Neste sentido, Ana Miranda salientou como parte fundamental do seu traballo na Eurocámara a aprobación da Resolución contra o avance do fascismo en Europa, da que foi co-relatora en representación do grupo Verdes-ALE (do que forma parte o BNG na Eurocámara), xunto a eurodeputada italiana Eleonora Forenza (grupo GUE) e a eurodeputada sueca Soraya Post (grupo S&D).

“A aprobación maioritaria desta Resolución mostra que a loita por outra Europa é posible”, salientou a eurodeputada do Bloque, quen deu unhas pinceladas de cal é o modelo que defende a formación nacionalista: diversa, pluricultural e plurinacional e plurilingüística. “Cando defendo no parlamento europeo as causas xustas na lingua galega, como eu fago alí, somos unha nación no mundo. Somos a causa social, somos a causa nacional galega e somos a causa internacionalista e solidaria”, subliñou.

Crise migratoria

Na tertulia, celebrada nunha ateigada cafetería Alameda, tamén se trataron outras cuestións como a crise das persoas refuxiadas, o imperialismo, a utilización das novas tecnoloxías na propagación das mensaxes da extrema dereita. Preguntado por Ana Miranda sobre a cuestión migratoria, Grosfoguel asegurou que non se pode discutir deste tema “sen falar da política exterior europea” e da venda de armas aos países en guerra dos que proceden boa parte das persoas migrantes.

Neste asunto a eurodeputada nacionalista mantén unha postura moi crítica coa falta de actuación conxunta dos países da UE e a falta de compromiso co salvamento de vidas no Mediterráneo, tal e como puido comprobar en primeira persoa cando participou na misión de Proactiva Open Arms no pasado mes de xuño.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar