Feijóo plantexa en Chantada que «haxa en tódolos concellos galegos gobernos unidos»

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dixo que “tanto monta, monta tanto, votar PSOE como ás Mareas de Podemos e ao BNG” e que a alternativa para que haxa en todos os concellos galegos gobernos unidos e que traballen polos seus veciños se chama Partido Popular.

Neste senso, apuntou que o PSOE ten unha mochila na que están as Mareas de Podemos e o BNG: “O PPdeG goberna sen mochila e cumpre só ante os veciños”. Así, dixo que os concellos non precisan de gobernos de moitos partidos que os paralicen e, por iso, indicou que o único voto de cambio é apoiando aos candidatos do PP. Para Feijóo, só sumando un voto maioritario nas urnas arredor do PP non haberá reparto de goberno entre nacionalistas, populistas e socialistas. Para o presidente dos populares galegos, con gobernos tripartitos, a chave de Galicia terana Pedro Sánchez, Pablo Iglesias e os independentistas.

UN VOTO ÚTIL PARA OS CONCELLOS

Subliñou que o voto ao PP é o voto útil para os concellos e que a división só prexudica aos veciños. Feijóo remarcou que se os dez millóns de españois que votaron en contra de que Pedro Sánchez fose presidente do Goberno de España uniran o seu voto no PP hoxe habería outra maioría no Congreso e no Senado.

Por iso, Feijóo fixo un chamamento a esa maioría de votantes para que nestas Municipais unan o seu voto no Partido Popular, a única vía para contar con alcaldes con equipo, proxecto e programa, porque, tal e como dixo, nas Municipais, non se elixe un partido ou unhas siglas, senón “a un veciño”.

UN VOTO UNIDO PARA UN GOBERNO SÓLIDO EN CHANTADA

Durante un mitin en Chantada, o líder do PPdeG destacou que con Manuel Varela se inicia unha nova época de unidade e dun partido potente. Por iso, pediu o apoio para poñer en marcha este concello, así como tamén “o motor” da Deputación de Lugo, tras anos de trifulca e de parálise no ente provincial.

Por outra banda, recalcou que unicamente cun voto unido ao Partido Popular os veciños terán tamén o goberno unido que precisan. Do mesmo xeito, Feijóo incidiu en que o PPdeG vai “insistir e persistir” nas infraestruturas viarias e ferroviarias entre Lugo e Ourense.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar