Proxecto para a rehabilitación das termas da Chavasqueira, en Ourense

A empresa xestora das termas de A Chavasqueira, Ibernisha SL. vén de presentar no rexistro do Concello de Ourense o proxecto de rehabilitación das termas da Chavasqueira, paso previo necesario para a posta en marcha das obras de recuperación desta infraestrutura termal.

A presentación do proxecto realizase en tempo récord, antes de transcorrido un mes de prazo desde o incendio das termas, na noite do 24 de abril. O documento someterase á tramitación dos preceptivos informes municipais e sectoriais necesarios, previos á súa aprobación polo Concello no caso de que estes informes sexan positivos.

A empresa concesionaria, que investiu preto de dous millóns de euros nas instalacións de Outariz, destinará agora un orzamento de 475.167 euros (IVE engadido) para reconstruír as instalacións da Chavasqueira e devolvelas ao mesmo estado no que se atopaban antes sinistro.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, confirmou que “o Concello axilizará ao máximo esta tramitación, no marco do seu compromiso porque a cidadanía volva gozar o antes posible destas instalacións de referencia do noso termalismo”. Nos seus 18 anos de funcionamento, pola Chavasqueira pasaron más de un millón de usuarios.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar