Muller rescatada a pasada noite nunha zona de difícil acceso da Praia de Riazor

Os servizos de emerxencias rescataron a pasada noite a unha muller que quedou atrapada nunha zona de difícil acceso na Praia de Riazor, na Coruña.

Sucedeu ao fío das 21:45 horas, momento en que varias persoas particulares chamaban ao 112 Galicia alertando do sucedido.

A partir de aí, os xestores do 112 Galicia informaron dos feitos ao Servizo de Gardacostas de Galicia, a Salvamento Marítimo e aos Bombeiros da Coruña. Ademais, solicitouse a colaboración dos axentes da Policía Nacional, da Policía Local e voluntarios de Protección Civil da localidade.

Segundo a informou a Policía Local ao 112 Galicia, a muller tivo que ser rescatada polo Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento da Coruña. Unha vez en terra, foi evacuada en ambulancia ao Centro Hospitalario Universitario de Coruña.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar