A Coruña:Caballero e Sánchez chaman a «un gran éxito municipal»

14/05/2019

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou nun xantar-mitin na Coruña en compañía do presidente do goberno en funcións, Pedro Sánchez, dende onde chamou a “non perder ningún voto” o vindeiro 26 de maio para poder celebrar “un gran éxito municipal”.

“Dende o 28 de abril temos un sorriso de orella a orella… Un sorriso en dirección contrario ao que ten Feijóo”, chanceou o líder dos socialistas galegos, para sinalar que “a Feijóo non se lle quitou a cara de susto” coa que compareceu trala vitoria electoral do PSdeG nas eleccións xerais.

Agora, como dixo Gonzalo Caballero, está tratando de “enganar” ao falar de que “o problema foi que a dereita foi dividida” á cita coas urnas, posto que “o 55% dos galegos” que acudiron a votar apostaron por “esquerda e progresismo”, fronte a “un 44% que optou pola coalición das tres dereitas”.

Con esa base, sinalou o máximo dirixente do PSdeG, temos que “dar o mellor” para manter ao partido “con forza” de cara aos vindeiros comicios europeos e municipais, nos que o PSdeG subirá o seu nivel de apoio e a súa representación en todas as cidades galegas.

“Porque os socialistas somos a mellor referencia dos gobernos municipais en Galicia”, destacou o secretario xeral, antes de sinalar a Inés Rey como “a mellor alcaldesa que pode ter A Coruña”. Ademais, tivo palabras de recoñecemento para o ex-presidente da Xunta Fernando González Laxe.

Así mesmo, Gonzalo Caballero puxo en valor a traxectoria que levou a Pedro Sánchez ata a Moncloa e que o sitúa hoxe como “unha referencia do socialismo en Europa”. “Grazas polo teu traballo, polo teu compromiso e por ser o gran secretario xeral que necesitabamos”, concluíu.

“QUEREMOS AYUNTAMIENTOS COMPROMETIDOS”

Na mesma liña de chamar á mobilización, o secretario xeral do PSOE e presidente do goberno en funcións, Pedro Sánchez, pediu “ayuntamientos comprometidos” coa cidadanía, porque “nos jugamos si se desmantela el bienestar o se fortalece”.

Á xente, como dixo, “no le interesa la supervivencia personal de los tres líderes de la derecha”, senón “los servicios públicos” e “los derechos y libertades”. Por iso, incidiu, “es muy importante” que A Coruña teña a Inés Rey na alcaldía e “es fundamental” que Galicia teña a Gonzalo Caballero como presidente da Xunta.

Por iso, Pedro Sánchez chamou a “rematar la faena” a quen “votamos futuro e avance” en abril, escollendo tamén agora a papeleta do Partido Socialista.

A alternativa, recalcou o líder socialista, son os tres dirixentes da dereita: “uno viajando al centro… al centro de la tierra; otro empeñado en adelantar al PP por la derecha; y otro que no sabe si sube o baja… imagino que del caballo”.

CORUÑA

Pola súa banda, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, enviou “unha mensaxe de optimismo” tras vencer nas eleccións xerais en España, en Galicia e na provincia. “Non é casual”, sinalou, e animou a traballar para poñer alcaldes e alcaldesas socialistas “nas administracións máis próximas” á cidadanía.

A encargada de abrir o acto foi Inés Rey, a candidata socialista á alcaldía da Coruña, quen puxo en valor tamén que o pasado 28 de abril o PSdeG foi a primeira forza na súa cidade e chamou a repetir eses datos o vindeiro 26 de maio.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar