A denominación “Ribeiro” destaca no Concurso Internacional de Bruselas

A A D.O. Ribeiro resultou a grande triunfadora de Galicia trala publicación dos resultados do Concours Mondial de Bruxelles, un concurso de viño que se celebrou do 1 ao 5 de maio en Aigle, Suiza. 

As adegas da D.O. Ribeiro obtiveron un total de sete medallas de ouro, das 10 entregadas en Galicia, que recaeron nos viños da colleita 2018 Amavida Treixadura de Bodega Alanís, Colección 68 de Viña Costeira e Priorato de Razamonde, da adega co mesmo nome e nos viños de 2017 Casal de Armán da adega homónima, Finca Viñoa de Pazo de Casanova, Señorío da Vila de Bodegas Docampo e Ramón do Casar Nobre de Adega Ramón do Casar. Os catro galardóns de prata foron todos para viños da colleita 2018: Modus Vivendi, de Viña Costeira, Pazo Tizón, de Pazo Tizón, Alter, de Priorato de Razamonde e Pazo do Mar, da adega co mesmo nome.

Outras competicións vitivinícolas

INTERNATIONAL WINE CHALLENGE (Londres): O viño da D.O. Ribeiro Finca Viñoa 2017 resultou como Mellor Viño Branco de España 2019 neste concurso, que lle outorgou o International Wine Trophy, ademais dunha medalla de ouro. Gañaron galardón de prata os viños Modus Vivendi 2017 e Viña Costeira 2018. Os viños Colección 68 Treixadura barrica 2016, Viña Costeira 2017, Modus Vivendi 2018 e Deseu 2018 recibiron medalla de bronce. Por último, as distincións “commended” recaeron en Colección 68 2017, Colección 68 2018 e Tamborá 2018.

CONCURSO INTERNACIONAL DE VINOS BACCHUS (Madrid): Amavida, Ramón do Casar Treixadura e Tamborá, todos 2018, recibiron sendos Bacchus de Oro, mentras que os viños Expresión de Pazo do Mar 18, Alter 18, Priorato de Razamonde 18 e Ramón do Casar Nobre 17 levaron medalla de prata nesta competición, unha das máis relevantes organizadas en España pola Unión Española de Catadores (UEC).

CONCURSO INTERNACIONAL DE VINOS Y ESPIRITUOSOS CINVE (Cáceres): Priorato de Razamonde 2018 recibiu un Gran Ouro, Alter 2018 un Ouro e Son de Arrieiro – Casal de Raíña 2017 e Son de Arrieiro – Casal de Raíña 2015 levaron Pratas.

VINESPAÑA (Zaragoza): Os viños brancos Ramón do Casar Treixadura e Alter  conseguiron sendas medallas de ouro no concurso (menos de 92 puntos ata 88). Por outra banda, lograron medalla de prata (menos de 88 puntos ata 84)  os viños Priorato de Razamonde, Mónica Albor “Treixadura-Godello-Loureira, Ramón do Casar e Ramón do Casar Nobre, Catro Ferrados, Deseu e Son de Arrieiro. A D.O. Ribeiro foi a máis galardoada de todas as presentadas ao concurso no eido dos  viños brancos tranquilosneste concurso organizado pola Federación Española de Asociaciones de Enólogos (FEAE).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar