Ana Pontón: “O BNG é a garantía de cambio real fronte o bipartidismo e o ‘rupturismo’”

A portavoz nacional, Ana Pontón, coñeceu de primeira man un proxecto de vivenda social do Goberno local de Rianxo, un exemplo máis de como o modelo municipal do BNG transforma en positivo mellorando a vida das persoas. Un modelo que funciona e que, recalcou, é a única garantía de cambio real nos concellos fronte as fórmulas fracasadas do bipartidismo de sempre e fronte aos que viñan cambialo todo pero nin deixan unha xestión eficiente.

Por iso, a líder nacionalista instou a todas as persoas que reclaman un cambio transformador desde os concellos a que o 26M collan a papeleta BNG.

“Quixera deixar unha mensaxe clara de cara o 26M: Os galegos e as galegas que apostan por un cambio real nos concellos a súa opción é o BNG, porque somos a garantía dun cambio real nos concellos fronte ao vello bipartidismo de sempre e fronte a esas políticas do ‘rupturismo’ que nos dicía que ía cambialo todo pero que ao final non foi capaz nin tan sequera de xestionar o día a día”, argumentou Pontón.

Por contra, o modelo municipal de éxito do BNG. “Onde gobernamos transformamos vilas e cidades, cun proxecto sólido, que mellora a vida das persoas e demostra con feitos que logra concellos cun urbanismo sostible, ben xestionados, honestos, feministas e con orgullo da nosa identidade, a nosa cultura e a nosa lingua. Esta é a proposta do Bloque para o 26M: estender un modelo municipal de referencia, un modelo que funciona e sendo  garantía de cambio real”.

Pontón puxo o proxecto de vivenda social en alugueiro que desenvolve o goberno de Rianxo, -liderado polo actual rexedor e candidato á reelección, Adolfo Muíños-, como un exemplo de goberno “a favor das persoas” que identifica ao BNG. Pese a non ter competencias en materia de vivenda, “aposta por políticas de inclusión social, de integración, que non deixan a ninguén atrás e que tenden a man ás persoas, as familias con menos recursos”.

Unha proposta nas antípodas dun PP “que salvaba á banca mentres se desafiuzaba a miles de persoas sen alternativa algunha”, por contra o Bloque defende unha política social de vivenda con medidas como que os inmobles da SAREB se transfiran ás administracións públicas “para poder cubrir demandas sociais de vivenda, debería ser unha proposta que asumira o goberno do Estado”.

Pontón tamén denunciou como o PP “no que milita Feixóo”, onde tiña responsabilidade de goberno, “vendeu miles de vivendas de protección a fondos sen ningunha garantía para as familias ou deixando sen posibilidade de emanciparse á xente moza que non pode pagar un aluguer aos elevados prezos de mercado fronte aos seus salarios”, argumentou.j

Pola súa parte, o alcalde e candidato, Adolfo Muíños, destacou a importancia deste proxecto de rehabilitación de vivendas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar