O IPI de marzo retrocedeu un 6.9 %

O Índice de produción industrial (IPI) do mes de marzo de 2019 en Galicia rexistrou un retroceso do 6,9% en taxa interanual, minorando en 0,3 puntos a taxa rexistrada no mes precedente (-6,6%). En España rexistrouse un retroceso do 0,1%, empeorando en 0,2 puntos a taxa acadada no mes anterior (0,1%).

Por destino económico dos bens, a influenza dos distintos sectores na variación interanual do índice xeral é a seguinte: – Os bens de consumo presentan un crecemento do 4,1%, o que achega 0,9 puntos á taxa interanual – Os bens de equipo rexistran un avance do 7,4%, o que suma 1,6 puntos á taxa interanual. – Os bens intermedios baixan un 4,6%, cunha repercusión negativa de 1,3 puntos. –

Por último, a enerxía, que retrocede un 28,2% restando 8,2 puntos á taxa de variación interanual do conxunto. Comparando cos crecementos interanuais de febreiro de 2019, por destino económico, os bens de consumo minoran en 0,5 puntos, os bens de equipo aumentan 5,7 puntos, os bens intermedios suben 4,6 puntos e a enerxía diminúe 9,6 puntos. Estes datos móstranse no cadro 1 do anexo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar