Código Cero: novo número da edición impresa

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar en formato PDF ou descargar a a través da aplicación do quiosco dixital Magzte.


Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención aos preparativos para a celebración do Día das Letras Galegas e o Día da Internet o vindeiro 17 de maio e falamos co experto en transhumanismo Albert Cortina Ramos. Tamén abordamos os seguintes temas:


– A Deputación de Lugo pon en marcha unha web para impulsar o comercio local no mundo
– A AETG convoca premio de tecnoloxía social e prepara a súa gala anual (a festa da Noite)
– O CESGA, o CPEIG e Igualdade celebran o Día Internacional das Rapazas nas TIC
– Fernando Suárez salienta a importancia da Enxeñaría en Informática no deseño de software crítico
– A sede de Cinfo no CITIC recibiu a visita do conselleiro de Economía
– O CITIC, a UDC e COGAMI xuntan forzas a prol dos fogares dixitais accesíbeis e integradores
– As firmas galegas incrementaron nun 80% o investimento en TIC
– Digitalent inicia tres novas iniciativas para impulsar vocacións dixitais
– O Consello da Cultura Galega pon na Internet o tesouro dos nosos discos de lousa e pedra
– Política Lingüística entrega os premios do certame Lingua de Namorar
– Henrique Neira lévanos á orixe do aritmómetro inventado por Charles Xavier Thomas de Colmar
– Entrevistamos aos responsábeis de Toxo Telecom (a operadora de Ribeira)
– Telefónica certifica que a mocidade galega é a que máis merca pola Rede
– Achegamos unha nova ración de innovación galega con múltiples ingredientes
– Quincemil, un novo medio dixital con acento coruñés

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar