A Denominación de Orixe Ribeiro amosa a sua riqueza patrimonial na Rioja

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro participou, da man do seu presidente, Juan Manuel Casares, no segundo Congreso Nacional de Barrios Históricos de Bodegas, organizado pola ruta do viño Rioja Alta en San Asensio, La Rioja, nunhas xornadas que se centraron na aportación económica e turística que supoñen estes entornos para cidades e pobos onde están situados. No encontro amosouse a diversidade arquitectónica dos distintos conxuntos urbanísticos e así como a riqueza patrimonial, etnográfica e histórica de varios municipios.

Juan Casares impartiu unha charla sobre como se articularon os distintos asentamentos no Ribeiro ao longo da historia e as pegadas que deixaron nel. Neste senso comenta “o Ribeiro ten un patrimonio arquitectónico e cultural, ligado ao viño, moi rico, segundo algún autores, o máis importante da península”. Ademais, aproveitou para presentar a campaña da Ruta do Viño do Ribeiro “O Camiño do Viño” coa “intención de poñer en valor o noso territorio utilizando unha das maiores potencialidades sen explotar de todo: a nosa historia”.

O enfoque do congreso foi ameno e práctico, combinando puntos de vista técnicos cos que requiren ser tratados estes conxuntos urbanísticos; así como con casos prácticos de barrios xa existentes e as súas boas prácticas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar