Baltar recibe aos representantes da Fundación Campo Galego

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial aos máximos representantes da Fundación do Campo Galego:
Ángel Jove González, da Fundación “Jorge Jove”; Manuel Iglesias Pérez, do museo do
Campo e a Mecanización, e Jesús Combarro, director de Abanca Agro, entidade tamén
integrada no padroado da Fundación do Campo Galego, quen lle expuxeron ao
presidente Baltar os obxectivos desta fundación, con sede en Silleda e vocación
autonómica, que nace coa finalidade de apostar polo rural galego.


O presidente do goberno provincial amosou “a total dispoñibilidade” para que a
Deputación de Ourense forme parte desta organización “que enlaza directamente cunha
liña de actuación política da institución provincial”, dixo Baltar, e convidou á Fundación do
Campo Galego “a integrar o futuro Observatorio Internacional do Medio Rural, que a
Deputación de Ourense está a impulsar coa colaboración da Universidade de Vigo para
converter o territorio ourensán nun referente

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar