Galaxia e o Consorcio de Santiago publican obras de Castelao

Galaxia e o Consorcio de Santiago publican Castelao. Construtor da nación, a biografía máis completa do autor galeguistaMiguel Anxo Seixas Seoane asina o primeiro tomo dunha biografía monumental, concibida case como un diario da vida cotiá de Castelao cos fitos da súa cronoloxía persoal e pública narrados a carón da actualidade da épocaMiguel Anxo Seixas Seoane (Arzúa, 1960) leva estes días ás librarías un traballo que é o compendio de anos de investigación e recollida de datos e documentación sobre a vida e obra de Castelao: o meniño rianxeiro, o rapaz emigrante e retornado, o debuxante e o pintor autodidacta, o médico entregado, o ilustrador que se vale dos debuxos de humor para concienciar aos galegos, o funcionario, o profesor de debuxo, o membro das Irmandades da Fala, o escritor e artista. 
Seixas recolle ademais todo o material «invisible» de Castelao, o que estaba en mans privadas e era case descoñecido, nesta primeiro todo da obra biográfica cuxas máis de 1300 páxinas completan un puzzle que ninguén chegara a rematar antes. Castelao. Construtor da nación e un reflexo tanto do que escribiu o propio Castelao como do que escribiron sobre el, achegando ademais unha gran cantidade de material gráfico e pictórico. Ademais, reivindícase tamén a coherencia ética e a vida de entrega polo país do autor de Sempre en Galiza.
Esta biografía nace coa intención de situar a Castelao no seu contexto, na súa relación co mundo, intentando dar continuidade ao seu legado e concienciando da necesidade de loitar contra a inxustiza. Seixas Seoane deita no papel toda a súa paixón pola busca do pormenor significativo, o seu rigor na comprobación e descuberta de aspectos ignorados ou esquecidos e o gusto por rexistrar os pasos e a obra de quen foi unha das personalidades fundamentais na construción da nación galega no século XX.
Miguel Anxo Seixas Seoane, ademais de historiador, foi tamén redactor e guionista da Televisión de Galicia e traballou como coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Publicou xa outras obras sobre Castelao da man de Galaxia como Castelao, pintor (2006) ou a obra colectiva Para ler a Castelao I e II(2000).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar