Feijóo avoga por un goberno que cree emprego, garanta as pensións e invista en Galicia

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avogou en Vilagarcía por un
goberno que sexa garantía de xestión: que axude a crear emprego, que garanta o cobro das pensións e que crea e invista en Galicia.

Neste punto, o líder do PPdeG recalcou que o Partido Popular é a única garantía de avance e o único valor seguro xestionando as dificultades. Por iso, o líder do PPdeG pediu o voto para o crecemento, para o emprego, pola responsabilidade e pola xestión.

E é que, tal e como indicou, Pedro Sánchez non ten solucións para os problemas de España: o desemprego, o pago das pensións, a alerta por unha desaceleración ou as diferenzas en infraestruturas entre territorios. E é que, tal e como apuntou, estes problemas non se arranxan co PSOE, que sempre deixa a España con máis desemprego e que elaborou un orzamento no que a Galicia foi a comunidade á que máis lle baixou o investimento. Do mesmo xeito e segundo salientou, España non se pode permitir durante catro anos a frivolidade de Pedro Sánchez nin as esixencias de Podemos nin as peaxes de nacionalistas e independentistas.

Tal e como advertiu, canto máis independentismo, menos rural galego, menos Galicia e menos España. Así, sinalou que en España segue a haber un problema de desigualdade no acceso aos servizos públicos e un financiamento autonómico que esquece aos veciños dos pequenos concellos, que foi o que pactou, precisamente, o PSOE cos independentistas cataláns.

UN GOBERNO QUE GOBERNE


Durante un mitin en Vilagarcía, o presidente dos populares galegos subliñou que o PP é o único partido que se está preocupando do que hai que facer ao día seguinte das eleccións: propoñer un goberno que goberne. Para iso destacou que ten ideas, proxecto, propostas, experiencias e equipos; algo do que evita falar o PSOE, porque quedarían ao descuberto todas as súas carencias, e o resto de partidos, xa que o seu único obxectivo é influír ou mandar sen gobernar.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar