Tellado pídelle aos galegos unha mensaxe “alta e clara”

TO secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, pediu aos galegos unha mensaxe “alta e clara” de apoio ao Partido Popular o 28-A e contra os constantes desprezos de Pedro Sánchez a Galicia.

Así se expresaba nun mitin en Lalín, no que destacou que “os galegos nunca quixemos ser máis que ninguén, pero tampouco menos”, polo que afirmou que non se poden consentir os constantes agravios do secretario xeral dos socialistas á nosa terra. “Non podemos ser cómplices dun político que foi o que máis dano lle fixo en menos tempo á nosa Comunidade”, engadiu.

Por este motivo, e tras recordar que Galicia sempre foi un lugar que apostou pola estabilidade institucional, remarcou que os cidadáns precisan “un Goberno que nos teña en conta, que non supoña unha ameaza para a nosa economía e que non nos discrimine porque estea atado aos independentistas”.

SÁNCHEZ, NEFASTO PARA GALICIA

Durante a súa intervención, Tellado sinalou que Sánchez foi un presidente nefasto para Galicia, lembrando que nos castigou co seu dieselazo e coa ralentización do sector da automoción; negándose a poñer solucións aos problemas da nosa industria, ameazando co peche de  Alcoa e Ferroatlántica; facendo perigar a continuidade das nosas centrais térmicas e anunciando oseu peche antes de tempo; retrasando a construción das Fragatas en Ferrol que van crear miles de postos de traballo; perdoándolle a débeda ao Porto de Valencia, e non ao de Coruña; amagando cun novo retraso do AVE; e poñendo en risco o futuro de ENCE, con 80.000 familias que perderán os seus ingresos pola madeira.

“En 8 meses como presidente, Pedro Sánchez paseou moito en avión, deu varias voltas ao mundo, pero non sacou un minuto para vir a Galicia. Ímos deixarlle ben claro este 28 de abril que non veña, que non o queremos, porque non merece nada dos galegos”, subliñou.

Así mesmo, insistiu en que votar ao PSOE supón apoiar a unha formación que despreza a Galicia, pois nos Orzamentos que quería aprobar Pedro Sánchez ía recortarnos un 26% e aumentarlle aos cataláns un 60%; que nos quere subir os impostos a todos; coa que temos menos emprego e menos crecemento; coa que teremos en breve outra crise económica; e que non dubida de deixar o goberno de España aos independentistas. Nese sentido, o número dous dos populares galegos puxo en valor que, “se hai un partido que sabe como parar ao nacionalismo, ese é o Partido Popular de Galicia”.

NON HAI PP FÓRA DO PP

Por outra banda, o secretario xeral quixo deixar claro que non existe o PP fóra do Partido Popular. Ao respecto, salientou que “é momento de amosar un compromiso verdadeiro co noso país” xa que “quen reivindique o galeguismo do PP fóra do PP, está intentando enganarvos; quen reivindique o centrismo e o reformismo do PP fóra do PP, está intentando enganarvos; e quen reivindique a defensa de España do PP fóra do PP, tamén está intentando enganarvos”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar