O PP é o único que defende o rural, segundo Feijóo

O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo,
salientou que, fronte aos partidos que falan con catastrofismo e
superficialidade, o PP é o único que cre e defende o rural: “O que menos
precisa a España baleira son palabras baleiras”.


Así, durante unha visita a unha explotación gandeira en Lamaboa (Lugo), o
líder do PPdeG destacou que, a diferenza do resto de formacións para os que
o rural é un mero trámite, o PP conta cunha axenda do rural completa, con
propostas detalladas e concretas. Neste punto, sinalou que un Executivo que
goberna directamente co populismo, o nacionalismo e o independentismo;
que arrisca o traballo das familias que traballan en Ence e das que venden
madeira en Galicia; ou que cambia o regulamento de costas ameazando
edificacións, depuradores, colexios, cetáreas, fábricas de conservas ou 3.500
explotacións bateeiras, non pode defender o rural.


O PP RESPONDE AOS PROBLEMAS DO RURAL


Apuntou que, ante dificultades deste ámbito, o Partido Popular é a única
formación que ten respostas. Así, dixo que, ante o problema demográfico, é
preciso un modelo de financiamento que prime a dispersión e o
avellentamento de lugares como Galicia e cunha política fiscal que priorice
vivir no rural.

Do mesmo xeito, avogou por unha lexislación que dea prioridade ás
tramitacións das industrias que se queiran implantar no rural; por un plan para
a xestión das crises agrarias e a estabilización das rendas; por acceso a
Internet, para continuar homologando as condicións de vida no ámbito rural e
urbano; e porque o interior de Galicia estea no mapa coas mesmas
infraestruturas que outros lugares de España.
Feijóo recalcou que o futuro do rural tamén se xoga nas institucións
comunitarias, dee aí que sexa fundamental un goberno forte e que saiba
negociar con Europa e “non un goberno títere que para gobernar necesite dos
independentistas e dos nacionalistas”.


O RURAL, NO ADN DE GALICIA


Para o líder do PPdeG, o rural está no ADN de Galicia e que vai seguir
marcando o futuro da nosa comunidade: “É posible conxugar rural e futuro”.
Así, fronte aos que o desprezan, din que non hai expectativas e só lle saben
atribuír estereotipos, Feijóo fixo fincapé en que o Partido Popular está
disposto a seguir traballando por el e que aposta por políticas que atraian
cada vez máis xente a vivir no rural e do rural. Por iso, pediu o voto para
poder seguir dotándoo de recursos e oportunidades.
Así mesmo, resaltou que o Goberno galego demostra con feitos de que é
unha garantía para o rural: ao destinar recursos a axudar ás familias con fillos;
ao loitar contra o despoboamento, aprobando un Plan de Impostos Cero para
adquirir ou permutar parcelas e para que os mozos e as familias numerosas
poidan mercar unha vivenda máis barato nas vilas e nas aldeas; ao atraer
emprendedores, impulsando indicacións xeográficas protexidas; ao mellorar a
rendibilidade das explotacións, para o que xa se está traballando nunha lei de
recuperación e posta en valor da terra; e ao potenciar o rural como lugar apto
para novos sectores, como o polo aeronáutico de Lugo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar