Afundación presenta un programa especial de visitas guiadas á mostra «Terras de salitre» durante Semana Santa


Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta un programa especial de
visitas guiadas á exposición fotográfica «Terras de salitre. Cristina Mittermeier»
durante a Semana Santa na súa sede de Ferrol (pr. da Constitución, s/n). As visitas
terán lugar o martes 16 de abril, ás 18.00 h, e o sábado 20 de abril, ás 12.30 h. A
mostra continuará aberta ata o vindeiro 5 de maio na Sede Afundación de Ferrol, de
luns a venres en horario de 17.00 a 21.00 h e os sábados de 11.00 a 14.00 h e de 17.00
a 21.00 h.
Este proxecto expositivo realiza un percorrido polas zonas do mundo nas que o ser
humano explota os recursos marítimos dun xeito respectuoso e sostible realizado pola
fotógrafa mexicana Cristina Mittermeier, para quen a fascinación polo océano é o fío
condutor da súa vida e da súa obra. A costa representa para ela o máxico punto de
encontro entre ser humano, mar e terra, e mediante as súas instantáneas tenta
transmitir o moito que dependemos as persoas dos océanos e o ricos e delicados que
son. O seu outro grande empeño é visibilizar todas as mulleres que fan posible que o
mar sexa unha fonte de riqueza: o 67 % da forza pesqueira global está en mans
femininas, pero apenas hai mulleres nos postos directivos.
EXPOSICIÓN «TERRAS DE SALITRE. CRISTINA MITTERMEIER»

Nota de prensa

comunicacion@afundacion.org I 986 864 612 I 648 655 520 I 981 953 097
En «Terras de salitre» Mittermeier retrata aquelas zonas pesqueiras que conseguiron
manter o difícil equilibrio entre vivir dos recursos marítimos e conservalos mediante
unha forma de explotación respectuosa. Para iso, Mittermeier emprendeu unha viaxe
que a levou a lugares tan dispares como Groenlandia, Hawai, India, Madagascar,
Columbia, Abralhos ou a Antártida, onde puido comprobar os efectos do cambio
climático: «Amosando as diversas formas do cambio, desde as penurias dos osos
polares ata a transformación dos patróns meteorolóxicos da península antártica, trato
de que a xente conecte emocionalmente co problema máis importante da nosa
xeración».
A mostra tamén inclúe unha selección de fotografías realizadas nas costas galegas en
setembro do 2017. Partiu da Guarda, onde retratou as redeiras: «Arrastráronme como
un bulebule para coñecer o seu traballo, arranxar as redes, algo imprescindible para a
pesca, pero invisible para a sociedade». Continuou cara a Baiona para compartir
xornada coas percebeiras: «Algunhas das mulleres máis valentes que coñecín nunca».
As súas seguintes paradas foron en Moaña para descubrir as bateas, e Noia, onde se
sorprendeu coa técnica coa que as mariscadoras recollen o berberecho. Os vídeos e
fotografías que sacou nesta ría tiveron unha gran repercusión nas redes sociais:
«Cando colguei a imaxe das bateas en Instagram non pensei que fose ter tanto éxito,
pero gustou moito e a National Geographic escolleuna para o seu libro de fotografías
máis populares do ano».
A Costa da Morte foi a súa última parada para coñecer como se captura o polbo e o
proceso de etiquetaxe e venda na Lonxa de Fisterra.
A FOTÓGRAFA CRISTINA MITTERMEIER
Graduada en Enxeñería Bioquímica de Ciencias Mariñas, decidiu deixar a súa carreira
como enxeñeira para converterse nunha defensora dos mares e a biodiversidade a
través da fotografía, a mellor ferramenta para conectar emocionalmente co público,
promover cambios e defender a natureza.

Nota de prensa

comunicacion@afundacion.org I 986 864 612 I 648 655 520 I 981 953 097
No ano 2005 fundou a prestixiosa Liga Internacional de Fotógrafos de Conservación
(ILCP) para proporcionar unha plataforma aos fotógrafos que traballan en cuestións
ambientais. Desde hai anos, Mittermeier comparte vida e proxectos con Paul Nicklen,
recoñecido fotógrafo de National Geographic, xunto ao que creou a organización Sea
Legacy para concienciar sobre o respecto aos océanos mediante as súas fotografías. As
súas imaxes foron publicadas en revistas como Time e National Geographic, recibiu o
Premio da Misión da NANPA e o Premio á Fotógrafa da Conservación Smithsonian no

  1. No 2016 foi galardoada co Imaging Award for Photographers who Give Back.
    Ademais, é membro da World Photographic Academy, foi elixida por Sony como Artesá
    da Imaxe de Sony e recentemente foi recoñecida como unha das 40 fotógrafas máis
    influentes do mundo pola revista Outdoor.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar