Feijóo propón en Arzúa o voto directo ao PP

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, incidíu en que, fronte a presuposición e carambolas, só hai unha fórmula segura para que goberne o Partido Popular: o voto directo ao PP.

Durante un mitin en Arzúa, onde estivo acompañado polo candidato á alcaldía, Rafael Rivadulla, e polo presidente provincial, Diego Calvo, o líder do PPdeG asegurou que aos españois lles irá mellor cun Goberno estable como o de Galicia, que leva dez anos contribuíndo ao progreso da comunidade, en lugar dun Executivo que non funciona, que goberna unicamente para os seus socios e que depende para todo dos que queren trocear España. Indicou que o PP non é un partido dunha soa persoa nin cun discurso dun só parágrafo ou dunha soa consigna, senón que é un partido de goberno.

Así, o líder do PPdeG recalcou que Pedro Sánchez, non só é incapaz de aportar solucións aos problemas da nosa comunidade –situación dos traballadores de Alcoa e do sector enerxético-, senón que tamén os crea, como no caso de Ence. É por iso polo que Feijóo salientou que os galegos non lle darán un minuto máis na Moncloa a un presidente que non lle preocupou Galicia nin un só minuto do seu tempo. E é que tal e como recordou, a mostra está en que presentou uns orzamentos que recortaban un 30% dos investimentos para Galicia, mentres noutros lugares subían un 60%.

UN GOBERNO QUE LLE IMPORTE GALICIA

 

Para Feijóo, o 28 de abril os galegos teñen a oportunidade de poñer fin a un Executivo sometido a Podemos, nacionalistas e independentistas e optar, en cambio, por un goberno para o que Galicia sexa importante, que se deba unicamente aos cidadáns, que defenda a unidade, a igualdade e a liberdade dos españois, que reivindique a Constitución e o Estatuto de Autonomía e que poña en práctica políticas útiles e efectivas como as que funcionaron contra dúas crises económicas.

Feijóo, ao tempo que apuntou que a grandeza do Partido Popular radica en que nace das persoas de cada pobo, comarca e parroquia de Galicia e de España; destacou que esta é a única formación que ten un proxecto propio, un equipo e un gran candidato. Un partido, tal e como sinalou, con respostas aos problemas da xente, con propostas e con balance. Así, dixo que, despois de que hai dez anos os galegos uníranse no voto útil, Galicia hoxe medra, recupera emprego, innova e aumenta as prestacións na sanidade e na educación.

Neste senso, o presidente do PPdeG remarcou, unha vez máis, que o voto útil non é un PSOE que sempre elixe o que lle manda os nacionalistas; nin unhas Mareas de Podemos que apoian uns orzamentos que humillan a Galicia; nin tampouco un BNG que se alía con Batasuna-Bildu e Esquerra Republicana.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar